O BNG preguntará no pleno se o Concello asumirá o recheo con lodos no recinto de Oleiros

Traballos de recheo.  | // I.R.

Traballos de recheo. | // I.R. / REDACCIÓN

REDACCIÓN

oleiros

O grupo municipal do BNG de Oleiros anunciou que presentará no vindeiro pleno unha serie de preguntas en relación á construción do recinto oleirense (despois de executarse o do lado de Culleredo) na ría de o Burgo. O Goberno central executa estos depósitos na ría para confinar lodos contaminantes procedentes do dragado que realiza na actualidade.

O Bloque critica a “escasa ou inexistente información pública” sobre a construción deste depósito de residuos contaminantes. Lembra que Costas confirmou que está previsto que este recinto estea finalizado no mes de abril e que se vai a comezar a encher de forma inmediata. Despois cubrirase e farase un parque público enriba, cunha senda polo bordo para continuar o paseo marítimo.

Os nacionalistas queren saber se o Concello de Oleiros vai asumir os traballos de recheo, “tal e como o propio Estado afirma”, e tamén quen se encargará do seu mantemento e dos potenciais danos e perigos que se puidesen producir. Ven “obrigada a existencia de informes técnicos independentes que acrediten a inocuidade presente e potencial” deste terreos sobre lodos.

Tracking Pixel Contents