O Museo Os Oleiros abre hoxe o prazo para o novo obradoiro de rakú

REDACCIÓN

oleiros

O Museo Os Oleiros en Santa Cruz abre hoxe, 14 de febrerio, o prazo de inscrición para participar nun novo obradoiro de rakú, unha técnica de elaboración de pezas de barro que dende que se celebra ten moito éxito polo espectacular resultado. O rakú é un tipo de olería de orixe xaponés que usa esmaltes e o contraste térmico para darlle efectos de cor ás pezas.

Esta actividade está dirixida a persoas maiores de 12 anos empadronadas no municipio e ten un custo de 3 euros. Haberá unha primeira quenda, o 25 de febreiro, entre as 16.30 e as 18.00 horas e o 4 de marzo de 17.00 a 20.00 horas; mentres que a segunda será o día 25 de febreiro de 18.30 a 20.00 horas e o 11 de marzo de 17.00 a 20.00 horas. A inscrición pode facerse por internet ou presencialmente.

Tracking Pixel Contents