O novo modelo de marquesiña de bus de Oleiros “sálvache os cadrís”
Teñen apoio isquiático, que facilita a accesibilidade e mobilidade

Usuario nas barras de apoio isquiático na parada de bus municipal en Santa Cristina. | // I.R. / M. Villar
Á segunda foi a vencida. O Concello de Oleiros deseñou en 2017 a que consideraba a marquesiña definitiva, antivandalismo: minimalista, só dous postes metálicos e unha minicuberta inclinada, polo que entraba a auga e o vento por todos lados, igual que se non a houbera.Aos poucos meses o propio alcalde recoñeceu que fora un fracaso. Excepto para o vandalismo, porque non había nin onde facer as pintadas. Sen embargo en 2021 licitou unha segunda fornada, once novas marquesiñas, e desta vez atinou.
Este novo modelo ten estrutura de aceiro, teito de chapa tipo sandwich e vidros laterais e traseiro que amparan da meteoroloxía. Estas novas estruturas nas paradas de autobús tamén teñen, ademais dun banco, unha estructura de barras inclinadas que moitos usuarios non saben sequera para que serven. Chámanse apoios isquiáticos.
“Eu non sabía o que eran ata que un día que o banco estaba cheo apoieime nas barras e xa o entendín. Sálvanche os cadrís. Parece que non pero descánsache o lombo e cústache menos erguerte cando ven o bus”, sinalaba onte un usuario, maior, do Alsa na parada de Santa Cristina. Esta parada é a máis completa do concello, con panel electrónico que informa das rutas e o tempo de chegada. Estas barras facilitan a accesibilidade a persoas maiores, con problemas de costas, con discapacidade e a embarazadas. Non hai que facer tanto esforzo para erguerse nin para sentarse.
Suscríbete para seguir leyendo
- El nuevo Gobierno local de Cambre cancela la romería histórica Galaicoi
- Seoane pide a la Xunta actuar ante dos obras ilegales junto a playas
- Nadie puja por una parcela en Mera en subasta judicial por 1,1 millones
- Morás, a un paso de albergar la cárcel
- Carral celebra su pan y forma relevo en los hornos
- 50 anos da revolta en Guísamo pola AP-9: «Tiñamos que defender o noso»
- Nueva gerencia en Coruña Style Outlets: «Queremos mejorar la experiencia de compra, que sea un lugar de encuentro»
- Corte eléctrico en Oleiros por el choque de un coche contra un poste de madrugada