Santaia organiza un Entroido con Enterro, xogos, música e baile e chocolate o día 25

A asociación veciñal de Santa Cruz fará tamén o sorteo da tradicional paxeta

REDACCIÓN

oleiros

A Asociación de Veciños Santaia de Santa Cruz xa ten organizada a festa do Entroido que festexará o vindeiro 25 de febreiro. Comenzarán ás 17.00 horas coa saída do Enterro do Entroido dende a Praza do Muíño cara o peirao de Santa Cruz, coa compaña do Grupo de Baile e Gaitas e Cantareiras Santaia.

A partir das 18.30 horas haberá unha festa infantil con animación, xogos e chucherías, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Oleiros. Unha hora despois comezará a música e o baile, con DJ Ayman Prosound (con música dos oitenta e dos noventa). Haberá tamén unha chocolatada e sorteo de lotes de produtos doados polos comerciantes de Santa Cruz.

Nesta festa non faltará o sorteo da tradicional paxeta de Entroido, unha gran cesta con produtos típicos destas datas. Montaráse tamén un mercado con alumnado de sexto curso de Primaria,con petiscos e bebidas, para recaudar fondos.

Tracking Pixel Contents