O BNG betanceiro realizará un encontro aberto para explicar o seu proxecto

Redacción

O BNG de Betanzos anuncia que celebrará o vindeiro sábado 4 de marzo un encontro aberto para explicar as liñas fundamentais do seu proxecto para Betanzos e recoller propostas da veciñanza. A sesión será ás 11.00 horas en Alecrín, na rúa Doldán.

“Queremos contar coas achegas da veciñanza, entidades e colectivos para facer unha posta a punto do proxecto de cidade que temos para Betanzos”, explicou a candidata do BNG á Alcadía, Amelia Sánchez.

Ademais, explicou que “a participación da xente no noso proxecto é fundamental” e por iso preténdese “incorporar as propostas da veciñanza, no vindeiro mes celebraremos tamén encontros abertos nas parroquias e barrios de Betanzos”.