O BNG fai andaina para facer ver a “desprotección” de Dexo

Fará a ruta polo Monumento Natural o 19 de marzo | A Xunta díxolle aos veciños que descoñecía a proba

Redacción

O vindeiro 26 de marzo terá lugar o IX Costa Trail Seixo Branco, unha carreira que prevé contar con uns 300 participantes para un percorrido polo espazo protexido do Monumento Natural Costa de Dexo Serantes.O BNG de Oleiros vai organizar unha actividade alternativa para o vindeiro domingo 19 de marzo, unha “andaina informativa” á que asistirán representantes institucionais do partido no Parlamento galego e no Concello e que pasará só por camiños xa existentes, dirixidos polo guía local Franqui Illanes (que foi guía do Monumento Natural na Aula do Mar do faro de Mera).

Os nacionalistas sinalan que o obxectivo é “concienciar, informar e advertir dos riscos que existen para o patrimonio cultural e ambiental” da costa de Dexo, nunha zona que ten colonias de aves mariñas con ata 82 especies, 57 delas que aniñan neste lugar.

A Consellería de Medio Ambiente, tras ser preguntada a semana pasa por esta proba que de novo se organiza en este espazo protexido, non respondeu aínda.

O BNG sinala que non ten constancia de autorización ou supervisión por parte da Xunta nin se pediu medidas preventivas á organización. Sinalan que si respondeu a Xefatura Territorial da consellería aos veciños de Dexo, onde por enderezo electrónico lles indicou que descoñecía a existencia desta proba.

O Concello de Oleiros, sinalan os nacionalistas, aseguroulles que supervisará o trazado e que non se abran novos camiños nin se pase por propiedades privadas. O Bloque reclama que se suspenda esta proba deportiva.