Presentación da candidatura do BNG de Oleiros, que quere continuar coa “liña de traballo construtivo”

Roca, Hernández, Taibo e Queixas, onte na presentación. |   // L.O.

Roca, Hernández, Taibo e Queixas, onte na presentación. | // L.O.

O BNG de Oleiros fixo onte a presentación de candidatura de cara ás próximas eleccións municipais con presencia do cabeza de lista, Iván Roca, máis os números dous e tres da lista electoral, Iria Taibo e André Hernández, respectivamente. Estiveron acompañados da deputada no Parlamento galego, Mercedes Queixas. O BNG prevé continuar coa “liña de traballo construtivo e obxectivo”, de xeito “transparente e dialogante” , nunha aposte polo feminismo, o verde, o comercio local e os servizos públicos.