Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ángel García Seoane nnficha personal | Candidato á reelección por Alternativa dos Veciños en Oleiros

“O importante non é ser alcalde, é gobernar os destinos de Oleiros”

“O PSOE non pode ir ao baúl dos recordos para meter cuña no concello”

Ángel García Seoane, no xardín diante do Concello de Oleiros.   | // VÍCTOR ECHAVE

Ángel García Seoane, no xardín diante do Concello de Oleiros. | // VÍCTOR ECHAVE / M. Villar

Oleiros

Ángel García Seoane é un caso singular, coma o lema do seu partido, unha formación independente que goberna en Oleiros hai máis de corenta anos e cun alcalde con máis de trinta anos no posto, nun concello coa maior renda de Galicia. O seu programa electoral para 2023 non ofrece promesas, só amosa todas as obras e servizos feitos nestas catro décadas como o mellor aval.

Nas eleccións de 2019 Alternativa acadou máis do 58% do voto, en 2015 chegou ao 60%. Que perspectivas ten para 2023?

Nós presentámonos ás elección para ganalas, e en maioría, é o que queremos obter, se despois ven máis, benvido sexa, pero nós só pretendemos ter a maioría para seguir gobernando Oleiros.

En 2015 chegaron a 14 edís. En 2023 espera recuperalos? Ten 13.

Perdéramos un concelleiro porque as listas minoritarias alcanzaron o 5%.

Agora que non se presenta Ciudadanos, espera coller ese voto?

Agora hai dúas listas máis. Unha é Vox e outra é parecida a Vox.

Sorprendeulle que se presentase unha formación anticastrista, contra o alcalde que é castrista?

Iso e nada é todo o mesmo. Pura política fascista.

Creo que coñece persoalmente a todos os candidatos, salvo os novos partidos que se presentan. Pode dicirme unha frase de cada un? Carmen Acuña, do PSOE?

O PSOE quere meter unha cuña pero non se pode ir ao baúl dos recordos para meter cuñas en Oleiros.

Dolores Silva, do PP?

Esa persoa ía de número catro, o PP decidiu que fose de número un.

Iván Roca, do BNG?

Ao BNG non lle atopo moita xustificación. Cambiou tres veces de candidato ao longo da lexislatura. Os dous que se foron volven ir na lista. Poñer xente que se marchou si que me parece grave.

Como presidente de Alternativa, cal é o seu soño? Tipo: non quero morrer sen...

Iso de morrer, xa virá a morte cando veña. Pero si teño unha teima: non comprendo por que a cidade de A Coruña non da representación ao meu partido. Ese é o reto máis importante para min. Se lle dan a outros partidos que non coñece ninguén, Marea, Ciudadanos... por que non a nós que somos farto coñecidos, para ben? Ao mellor é o tema que máis me doe.

A Coruña ten que oleirizarse?

Eu non pretendo que A Coruña sexa Oleiros, para nada. Quero ter voz en María Pita. Non aspiro á Alcaldía, só ter voz para denunciar os temas que afectan á comarca, que se lles faga caso aos veciños.

E o seu principal soño como rexedor de Oleiros?

O tema viario. Que se ultime la vía ártabra, que la ampliación de A Pasaxe y Alfonso Molina se fagan.

No seu programa electoral non leva proxectos estrela, promesas, todo son obras, actuacións realizadas.

Eu non son de maquetas nin son un maqueto. Falamos de proxectos reais que se executaron ao longo de todos estes años. Están os retos viarios e tamén rematar a senda fluvial do rego de San Pedro, e a senda que dará continuidade ao percorrido de 26 quilómetros pola costa, de Naval a Canide. Estamos co expediente de contratación. Todo terreo municipal.

Levan dous paus: o ministerio rexeitou darlles fondos europeos para a reforma do mercado de Perillo e tamén para a senda de San Pedro, que xa antes lle rexeitara a Xunta. No fixeron ben o proxecto, non acertaron nas liñas de axudas a pedir?

O noso proxecto da senda peonil de Iñás a O Seixal ao bordo do rego era de cen puntos, reunía todas as condicións. Non lle dou a gana a alguén de darnos a axuda. É lamentable que non se dean gastados os cartos e que se lles neguen aos proxectos realizables e que se axustan á normativa. Pero insistiremos.

PP, PSOE e BNG coinciden en destacar que o gran problema de Oleiros é a mobilidade.

As estradas son autonómicas, provinciais ou do Estado, son os que teñen que melloralas. Cando avalaron o plan xeral comprometíanse a mellorar as infraestruturas.

A oposición tamén critica que o plan de mobilidade de Oleiros, unha vez aprobado, nunca máis se soubo. Vaino aplicar?

É un documento moi avanzado nos feitos, en algúns aspectos imos por diante del. Aplicarase segundo proceda nos próximos anos.

Case non hai campaña na que o alcalde non estea imputado/ investigado. Agora polo derribo da Casa Carnicero.

Que casualidade que sempre que se achegan as eleccións me imputen, non?

Despois de máis de trinta anos, tantas denuncias, preitos...Mantén a ilusión por ser alcalde?

O importante non é ser alcalde, é gobernar e controlar os destinos de Oleiros. E iso logreino.

Oínlle dicir, de novo, que é a última vez que se presenta a alcalde. Hai que crelo?

Xa o veremos.

“Os buses de A Coruña tiñan que ir ata Oleiros, Culleredo, Cambre e Arteixo”

Bus 1A hasta Santa Cristina. Haberá ou non este verán? É unha vergoña. Falamos dun transporte necesario nunha comarca totalmente urbana. Os buses da Coruña tiñan que acceder ás cabeceiras de Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros. O convenio di que Oleiros cubriría o déficit da concesionaria nese tramo da liña, non de todos os tramos, de toda a liña. Que tal funciona o servizo de abastecemento de auga, agora que leva case un ano municipalizado? De momento aínda non se pode dicir nada , pero aforro vai ser seguro. Vai municipalizar máis servizos? Iso verase no futuro. A vivenda é o tema central da campaña en todos os concellos. Fálase moito por tema electoral. Oleiros ten o que outros non, temos terreos para facer vivendas de protección, parcelas en Xaz, Oleiros, Mera e Perillo, que suman máis de cincuenta vivendas para persoas con menos recursos, e despois das eleccións falaremos coa Xunta para que poña os cartos e Oleiros o solo. Antes había axudas para vivendas de protección, agora non. Non é só o prezo da vivenda, xa está pasando cos alugueres. A razón principal de que se encareza está nas vivendas turísticas, que fan competencia desleal á hostelería. Oleiros non as autoriza. O volume de licencias de construción en Oleiros, nin na Coruña. Porque aquí hai planeamento. E calidade de vida.

Tracking Pixel Contents