Xosé Antonio Touriñán | Humorista e organizador do festival Castelo Conta
Touriñán, no festival Castelo Conta: “É importante defender a tradición oral polo mundo estresante no que estamos vivindo”
“Durante esta semana intentamos volver a atoparnos, a contar historias e recordar”

Touriñán, no festival Castelo Conta. | // LA OPINIÓN / Adrián G. Seoane
Adrián G. Seoane
Castelo Conta é o festival de comedia, cultura rural e tradición oral argallado polo actor, humorista e presentador Xosé Antonio Touriñán (Culleredo, 1980) na súa parroquia de Castelo, lugar que o veu nacer e crecer. As seis aldeas de Castelo énchense durante unha semana de actividades para pequenos e maiores, obradoiros, concertos, sesións vermú, proxeccións de curtas e moito máis. Castelo Conta é, ademais, un festival que reivindica o coidado do medio ambiente, a lingua galega e a solidaridade.
Por que decidiu crear o Castelo Conta?
Decidímolo eu e moita máis xente que organizabamos as festas de Castelo. A primeira edición foi unha noite de monólogos que se tivo que facer para recaudar diñeiro, porque se quedara a deber das festas do ano anterior. Eu e outra xente criamos que era bonito facer unhas festas un pouco distintas e aí arrancamos. Primeiro fixemos o festival un só fin de semana e agora xa nos quentamos e temos actividades dende o luns.
No festival non só hai monólogos humorísticos, tamén están programados concertos, obradoiros e proxeccións. Por que aposta por esta mistura?
Para nós o Castelo Conta é achegar á aldea as cousas que non pasan no resto do ano. A idea é ter un pouco de todo, un popurrí como o das sesións vermú: un pouco de música, de comedia, de teatro, de actividades para os rapaces, de espazos para os maiores para que sexan protagonistas... Todo iso para o que hai que achegarse á cidade para desfrutalo.
O festival reivindica a cultura rural e a tradición oral, por que cre que é importante preservalas?
Esas son as bases do festival por dúas cousas. Primeiro polo entorno onde se celebra, que é unha aldea no medio do monte, coma quen di, ao pé do Xalo. É importante defender a tradición oral polo mundo estresante no que estamos vivindo, con pouca comunicación. Aínda que vivimos na era da comunicación, ao diálogo máis próximo parece que se está perdendo. Non hai tempo para falar cos veciños nin para compartir e falar con máis calma entre coñecidos; parece que todo o mundo anda ao seu. Aquí intentamos durante esta semana volver a atoparnos, volver a contar historias e recordar como pasaban as cousas hai tempo.
No Castelo Conta vai proxectar a súa primera curtametraxe como director e guionista. Como resultou a experiencia?
A verdade que non sei se teño a sensación de dirixir como tal. Póñome poucos méritos nese aspecto, porque tiña ao lado a Jairo Iglesias que é un auténtico fenómeno. Ademais, traballar con Carlos Blanco e David Perdomo é moi sinxelo porque xa saben o que teñen que facer. Foi todo moi fácil, porque estabamos rodeados dos mellores e eu desfruteino moitísimo. Estamos movendo a curta por festivais e está funcionando extraordinariamente ben, sobre todo no resto do Estado. Xa levamos catro premios en festivais de Castellón, Badajoz, Jaén e Ribadeo. Estamos moi felices porque esto era un xogo, un divertimento; intento que todo o que fago o sexa, pero esto era de verdade: era unha proba porque eu nunca escribira un guión nin tampouco dirixira.
Que o levou a poñerse tras as cámaras?
Esa ansia de probar, de estar nos lugares non que nunca estiven e esa cousa de neno que temos todos de investigar e xogar. Eu traballei así dende que comecei nisto: é ir vendo, facendo, probando e desfrutando das oportunidades.
Pensa volver escribir ou dirixir despois desta experiencia?
Pois escribir seguro que si, porque teño que escribir sempre para as miñas cousas, os monólogos e todo iso. Teño ganas de seguir escribindo e de que, por suposto, algún día poidamos facer unha película ou unha serie. Dirixir non o sei, pero se chega o momento e pode ser pois será e, se non, non pasa nada. Pero non teño a ansia de ser director agora.
Suscríbete para seguir leyendo
- Noelia Gómez: «Para ser Guardia Civil no hace falta ser un armario, hace falta carácter»
- Detenido en Bergondo un conductor y pasajero por circular sin puntos, drogados y con matrícula falsa
- Un edificio para todas las generaciones en A Laracha
- Acuerdo en Sada para realizar un simulacro de la reapertura del río
- Las viviendas para mayores en la vieja cervecería de San Tirso: 675.000 euros
- El sector de 80 viviendas frente a Sol y Mar se demora por los accesos
- Protesta por la situación «insostenible» de los ambulatorios de Curtis y Teixeiro
- Un accidente con un herido en Infesta aviva las quejas por las deficiencias en la vía