Abegondo aproba crear unha ordenanza para promover o uso da lingua galega
O Goberno local apoia a moción do BNG pero defende que no Concello “fálase todo en galego e escríbese todo en galego” | Luz verde para remitir o PXOM correxido á Xunta

Sesión plenaria, onte, en Abegondo, coas cadeiras baleiras dos concelleiros do PSOE. | // L. O. / Sara Vázquez
O Concello de Abegondo impulsará unha ordenanza para promover o uso do galego no ámbito municipal. O Goberno local apoiou onte en pleno a moción presentada polo BNG para reclamar a elaboración dunha norma que contribúa a potenciar o uso do idioma, a pesar de que o alcalde, José Antonio Santiso, asegurou que, desde a súa chegada ao posto, “fálase todo en galego e escríbese todo en galego” e adiantou: “De momento imos a manter o 100% en galego”. O PSOE ausentouse da sesión en protesta porque se convocou a semana pasada con menos dos dous días hábiles mínimos que marca o Regulamento Orgánico Municipal (ROM).
Santiso asegurou que se encargará á normalizadora lingüística que traballa no Concello que elabore a ordenanza. O portavoz do BNG, Blan García Roel, explicou que a súa iniciativa busca atallar a baixa competencia en lingua galega que presentan os mozos na actualidade. Defendeu que “o decreto do bilingüsimo fixo moito dano”.
O alcalde apuntou que ao ver na moción dos nacionalistas “o do 50% molestouse “un pouco”. “Pensei que ao mellor este Blandino non coñece o Concello e quere que se fale un 50% en castelán. Pero de momento imos manter 100% en galego”, asegurou Santiso. García Roel rebateu que “o Concello de Abegondo non é unha illa no medio do mar, está nunha sociedade, en continuo diálogo coa parte urbana, rural... onde se desenvolven esas linguas. Ese é o problema que ten o galego hoxe en día”, argumentou. Santiso defendeu que resulta máis útil, sobre todo entre a mocidade, “culturizar e motivar” que “obrigar”, pero apoiou a moción.
O Executivo municipal —con maioría absoluta— aprobou en solitario, coa abstención do BNG remitir á Xunta a documentación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), unha vez que se emendaron certas erratas ou incorreccións detectadas. O portavoz nacionalista avisou de que presentará moción para solicitar que se corrixir erros que, asegurou, contén o documento urbanístico. Santiso afirmou que, “si é para mellorar o plan xeral, terá o apoio do grupo maioritario da Corporación”, en referencia ao seu, o PP. “A nós gustaríanos tamén outro plan, pero hai unhas normas que seguir e que están establecidas”, apuntou o alcalde.
Na sesión plenaria deuse conta do informe técnico do Concello abegondés sobre o proxecto de liñas de alta tensión de evacuación do parque eólico de Feás e Seselle, no que se sustentaron as alegacións remitidas pola Administración municipal O punto abriu un debate entre o alcalde e o portavoz do BNG. Santiso asegurou que, na súa época de conselleiro, o BNG se amosara crítico con proxectos enerxéticos no termo municipal ata que accedeu á Consellería de Industria. “Como collan Industria, os máis defensores dos eólicos van ser o Bloque, como foron cando estiveron. Non é o mesmo gobernar que estar na oposición”, sostivo. García Roel explicou que “o Bloque non dixo que estivera en contra da enerxía eólica, só que dun proxecto diferente ao que ven do Estado e a Xunta”. “Pois eu estou en contra da eólica. Eu son antieólicos”, declarouse o alcalde.
O PSOE criticou nas redes sociais que o Goberno local convertera o pleno en extraordinario “24 minutos antes” do inicio, unha manobra “surrealista”, xulgou. Asegurou que “todo isto súmase a outras ocasións” nas que se convoca o pleno coa antelación esixida, pero con “gran cantidade” de documentos” que non da tempo a analizar, “dificultando a sabendas a labor da oposición”. Santiso apuntou no pleno a súa “sospeita” de que o PSOE se ausentara por evitar pronunciarse contra proxectos eólicos que veñen do Goberno central.
Suscríbete para seguir leyendo
- El arquitecto técnico de Oleiros, en el juicio por el derribo de Casa Carnicero: 'Era imposible apuntalar, los muros se deshacían, había un riesgo elevadísimo
- En esta casa-restaurante a 20 minutos de A Coruña cocinan 'a la leña': tortillas espectaculares y precios populares
- La Xunta derribó dos construcciones ilegales en 2024 en la comarca coruñesa
- Seoane: «Carnicero no era BIC así que no hacía falta permiso de Patrimonio»
- Herederos de Carnicero: «Nuestra idea y del Concello era darle un uso público»
- El juicio contra el alcalde de Oleiros por Casa Carnicero arranca este martes 20 en la Audiencia
- Unión por Cambre rechaza entrar en Junta de Gobierno
- El BNG no entrará en Junta de Gobierno por acusarlo UxC de pactar con el PP