Falece Xosé Antón Gregorio Pérez, médico en Culleredo case 50 anos
Morreu o pasado mércores aos 71 anos cando ía en bicicleta por Almeiras
O home falecido o pasado mércores en Almeiras cando ía en bicicleta era Xosé Antón Gregorio Pérez, que foi médico en distintas localidades de Culleredo durante case medio século. Gregorio, de 71 anos, era moi coñecido e querido. Estivo como facultativo en Tarrío, durante moitos anos, pero tamén en antigos consultorios coma o de Celas e Vilaboa. Nesta última localidade traballou con outro doutor, Arturo Louro, xubilado hai dous anos (e que recibiu a Medalla de Ouro e Diamantes do colexio), quen lembrou que os dous atenderon nos primeiros consultorios que se crearon nestes núcleos.
Amigos destacaron a súa “implicación na loita da mellora da sanidade pública” e o seu trato "afable e simpático". Era un gran amante do ciclismo, facía "rutas de sendeirismo por toda Galicia" e era "un amante da ecoloxía". O BNG de Culleredo tamén o lembrou coma un “loitador por e para o pobo”. A cremación fíxose esta mañá en Feáns.
- Los vecinos de Seixo Branco, en Oleiros, obligados a pedir vados para evitar problemas en verano
- Diego Maceiras, dueño del único supermercado de Caión: 'Hemos sobrevivido 50 años gracias al verano
- La Xunta pagará 139.000 euros a un alumno de Oleiros que perdió un ojo
- Arteixo impone una multa de 2.250 euros a un particular por talar eucaliptos sin autorización
- El Asteria de Caión renace: nueva carta y el alma de un clásico en un antiguo marisquero
- Anjoca construirá 40 viviendas en Sada sobre las antiguas cocheras de Eliseo Pita
- Cascadas y mansiones a un paso de A Coruña: esto cuesta vivir en una urbanización de lujo cerca de la ciudad
- Enrique Saavedra, autor del 'mirón' gigante que divisa el Atlántico desde Arteixo: 'Lleva tres años sin acondicionamiento