A Feria Playmobil de Curtis, unha viaxe desde As Mariñas e Terras do Mandeo ata Grecia

Xa está aberta en Curtis a IV Feira Exposición Playmobil. Pódese visitar no Recinto Ferial do concello ata o domingo 3 de novembro. 

Nun dos expositores atópase unha recreación dos dezasete concellos que integran a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A entrada é de balde, e está organizada tanto pola Reserva como polo Concello de Curtis, en colaboración con Turismo de Galicia, Turismo da Deputación da Coruña a Asociación Playmobil Galicia.

Trátase dunha actividade de carácter comarcal para sensibilizar e poñer en valor os recursos da Reserva de Biosfera dun xeito ameno e co obxectivo de atraer turismo familiar nunha época de tempada baixa.

Horario de visitas:

Venres, 1 de novembro: de 11:00 a 20:00 horas.

Sábado, 2 de novembro: de 11:00 a 20:00 horas.

Domingo, 3 de novembro: de 11:00 a 19:30 horas.

Localización: https://maps.app.goo.gl/QZcW8nWrUZW4kdVH6

Tracking Pixel Contents