O BNG lembra a promesa de municipalizar O Carregal

O Bloque de Betanzos presentará no pleno deste mes unha iniciativa para reclamar ao Goberno local a «cumplir o acordo de investidura» e elaborar e facer público o estudo sobre a municipalización dos servizos do complexo deportivo de O Carregal.

O concelleiro nacionalista Salvador González lembrou que en marzo de 2025 remata a concesión do complexo, polo que quedan catro meses para tomar unha decisión e iso causa «malestar e inseguridade» entre os traballadores das instalacións. O compromiso de investidura é municipalizar así que reclama «información» e facer público o estudo.

Tracking Pixel Contents