Xornada sobre Francisco Lloréns, o xoves 28 en Betanzos

O Consello da Cultura Galega organiza para o xoves 28 de novembro no edificio do Arquivo de Betanzos a xornada Revisando a nosa arte: Francisco Lloréns. Paisaxe e Territorio. A entrada é libre.

A xornada comenzará ás 16.00 horas coa conferencia do historiador e director do departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela Federico López Silvestre. Despois falará Miguel Anxo Seixas, historiador e presidente da Fundación Castelao.

Ás 18.30 a historiadora e xestora cultural Rosario Sarmiento (coordinadora da iniciativa) dará unha conferencia sobre Lloréns para rematar a xornada.

Tracking Pixel Contents