O Pasatempo musicado de Caamaño & Ameixeiras e Rodrigo Cuevas
O Pasatempo é o escenario do primeiro tema conxunto de Caamaño & Ameixeiras e Rodrigo Cuevas, Catro cousas. Este parque enciclopédico en proceso de rehabilitación serve de fondo a un videoclip que reivindica o amor propio e que convida a non perder o tempo cun amor non correspondido

Caamaño & Ameixeiras e Rodrigo Cuevas no Pasatempo de Betanzos. / Xouba Cromática - Sonia García
Un solitario e melancólico violín amansa ao León Colosal do Pasatempo de Betanzos no arranque do vídeo musical de Catro cousas, o tema co que Caamaño & Ameixeiras e Rodrigo Cuevas dan unha volta ao pasodobre tradicional para reivindicar o amor propio, a importancia de dicir «catro cousas» a tempo: «A intención é mandar á merda á xente que che trata mal», chancea Antía.
Caamaño & Ameixeiras, o dúo galego ligado á música e ao baile de raíz formado pola cantantes e instrumentistas galegas Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz), e o axitador folclórico asturiano Rodrigo Cuevas elixiron o parque enciclopédico brigantino como escenario do seu primeiro tema conxunto. O xardín histórico deseñado polos irmáns García Naveira co visto ou soñado nas súas viaxes ao redor do mundo serve de contrapunto perfecto para este tema inspirado nunha peza de Florencio, o cego de Vilares, reconvertida nun canto ao empoderamento.

Caamaño&Ameixeiras e Rodrigo Cuevas no Parque do Retiro do Pasatempo. / Xouba Cromática - Sonia García
Os corpos mutilados do conxunto escultórico Viaxe a Exipto serven de fondo a unha letra que invita a romper a tempo. Catro cousas hai no mundo que revolven o sentido, amar e non ser amado, querer e non ser querido. Se me queres amar, ama, se non, regálate ben, o mundo éche ben largo, non falta quen queira ben...
Foi Sabela Caamaño, natural de Oza dos Ríos, quen propuxo gravar en O Pasatempo,do que atesora moitas lembranzas. «É un lugar máxico, pelexamos unha chea para poder gravar aí», conta Antía Ameixeiras. O permiso fíxose de rogar, chegou un día antes da gravación, e no inicio da rodaxe «caeu o diluvio universal», pero mereceu a pena, relata esta artista. «Descubrimos un lugar marabilloso, que pena que non estea aberto e que a metade fose destruído», lamenta.

Rodrigo Cuevas, Sabela Caamaño y Antía Ameixeiras en una de las grutas de O Pasatempo. / Xouba Cromática - Sonia García
O videoclip dirixido por Jorge Rojas revisita este parque declarado Ben de Interese Cultural tras décadas de abandono e inmerso agora nun proceso de rehabilitación. O director recorre ao claroscuro para resaltar a súa beleza decadente e pon o foco nos seus recunchos e grutas. De branco e cunha coroa de flores, Cuevas e Caamaño e Ameixeiras pousan coas ninfas do Estanque do Retiro recentemente rehabilitado en esta peza que convida a non deixar pasar o tempo cun amor non correspondido.
Os artistas interpretarán o tema en directo por primeira vez o próximo 19 de decembro na Sala Capitol.
- La panadería de A Coruña que cumple 75 años con colas en la puerta: 'Mis abuelos no tenían ni idea de pan cuando empezaron
- La Policía Local de Arteixo multa a un Bolt con 4.000 euros por realizar un servicio en el municipio
- La avenida de Santa Cristina ya es de Oleiros
- El bingo 'drag' que revoluciona el tardeo en A Coruña: así es el 'Putibingo' de O Temple
- ¿Qué hace un barco abandonado en mitad de un monte de A Coruña?
- Parece California, pero está en A Coruña: la terraza 'oculta' de Bastiagueiro para brindar entre palmeras este verano
- Repsol tramita la regularización ambiental de la gasolinera de Vilarrodís, en Arteixo, tras 60 años en activo
- La Festa do Pan de Carral vuelve este fin de semana con bocadillos, talleres y actuaciones musicales