Entrevista | Ángel García Seoane Alcalde de Oleiros

"En Oleiros xa vive xente tan ou máis famosa ca Richard Gere"

Ángel García Seoane: "Hai moitos famosos que elixen Oleiros porque é un dos mellores sitios de Galicia para vivir"

LOC

Redacción

Ángel García Seoane conta na súa biografía oficial que en 1984 deixou de tocar profesionalmente a batería para dedicarse "á defensa do pobo de Oleiros". Ao ano seguinte xa comezou a tocar as fibras da política e despois de corenta anos como alcalde e fundador dun partido independente, Alternativa dos Veciños, que gaña todas as eleccións municipais desde 1979, quere que a súa música siga soando.

Imaxine que ten que ensinarlle Oleiros a unha persoa de fóra. A que sitio a levaría primeiro?

Primeiro ao parque José Martí de Santa Cristina, ese fermoso parque pegado á praia, dedicado a un revolucionario. E logo ao Che. Despois outras zonas, como Santa Cruz, Mera. E o parque As Trece Rosas.

Como veciño de Oleiros, non como alcalde, que obra considera que fai máis falta no municipio?

Son dúas. En infraestruturas, a ampliación da ponte de A Pasaxe, e rematar a vía ártabra. Son as máis importantes non para Oleiros, para a comarca da Coruña, para axilizar os tráficos.

Ángel García Seoane: "Santa Cristina vai florecer como zona de ocio"

LOC

Pois están as dúas obras paradas.

Na Coruña parece que non lles interesa ampliar Ponte Pasaxe, cando é a entrada principal á cidade, non é a da autoestrada. O ministerio pediu a Torre Bescansa para asinar as expropiacións pero non volveron contactar, non sabemos nada. E a ártabra é unha demanda da comarca.

O multiusos, a gran obra estrela, polo volume e o custo, está xa a máis do 50%. Bastiagueiro vai ser un gran polo deportivo comarcal, co INEF, a pista de patinaxe, a do skate, rocódromo...

Bastiagueiro é un bulevar entre Perillo e Santa Cruz, entre as dúas localidades con máis poboación. E ten unha Universidade que é referencia non só de Galicia senón do norte de España, porque aquí veñen estudar xente de Zamora, Asturias...

undefined

"Non me preocupa Casa Carnicero porque non cometín ningún delito"

A vivenda é un problema nacional, tamén en Oleiros cos actuais prezos. Como se fai para non botar fóra aos oleirenses?

Desde que gobernamos fixemos 752 vivendas de protección, entre as feitas directamente por nós e cos promotores, o que posibilitou que familias con menos recursos vivan aquí . As cooperativas de Xaz e Perillo xa presentaron os proxectos, en abril ou maio terán licencia.E vanse facer 36 vivendas de alugueiro a prezo taxado en Icaria.

Parece que ven vivir a Oleiros Richard Gere.Veu pola Alcaldía xa?

En Oleiros hai xente máis importante ca Richard Gere.

Máis famosa ca Richard Gere?

Gere é un bo artista, e se ven mellor que mellor, pero hai moitos que son tan o máis famosos ca el. Non vou dicir nomes, polo anonimato. Elixen Oleiros porque é un dos mellores sitios de Galicia para vivir.

Casa Carnicero. Ordenou tirala en 2020, a Fiscalía pide cárcere por estar protexida. En 2024 non houbo declaracións...?

Non, nada.

Non está preocupado?

Sinceramente, non, porque non cometín ningún delito. Actuei con seriedade ante un perigo inminente para os cidadáns que pasaban pegados a unha ruína, a oitenta centímetros da N-VI.

"Pídennos crear Alternativa ata en Bembibre, en León"

En Carral Alternativa perdeu a maioría. Botaron a un concelleiro e outras dúas edís puxéronse de baixa médica.

En Carral hai un líder forte e cuns compañeiros marabillosos. Pero a ambición e os egos levan á xente a perderse. Non botamos a un concelleiro, quitámoslle atribucións porque levaba un ano que non se dirixía ao alcalde para nada, facía o que lle daba a gana, e iso un partido non o pode permitir. E hai dúas persoas que simpatizaban con ese concelleiro e ese mesmo día colleron a baixa, están así dende setembro. E seguen cobrando.

Alternativa vai tomar medidas contra elas?

Se a situación continúa moito máis así, claro que tomaremos. Roma non paga traidores.

O partido, Alternativa dos Veciños, vai cara o medio século. Expandiuse á comarca. Seguirá medrando?

Eu son presidente dun partido que ten 46 anos, cun crédito tremendo. Non hai ningún caso en España, e coa implantación que ten. Estamos en oito concellos, e levamos tres lexislaturas cun deputado. Véñennos propostas para levar Alternativa a concellos coma Carballo, Curtis, Betanzos, Cariño...Ata de Bembibre, en León, de fóra de Galicia. Mira, aquí tes a carta que nos mandaron.

Ángel García Seoane, no seu despacho. |  LOC

Ángel García Seoane, no seu despacho. / LOC

Este ano quere acadar o bus 1A ata Santa Cristina todo o ano.

Teño a reunión pedida coa Xunta, A Coruña e Tranvías. O bus 1A non sería competencia, o Alsa non vai por Alfonso Molina ou o Abente y Lago, non coincide na ruta excepto na parada de Santa Cristina. Quería que no verán, principios de maio, puidese estar acordado. Non parece que para A Coruña sexa prioridade.

O bus municipal que ía por Lorbé xa non funciona.

Queremos crear unha liña á urbanización de Xaz, que veña pola estrada de Meirás. Neste momento os tráficos maiores son os de Perillo e Santa Cruz, os buses chegan aí e queda xente nas paradas. Queremos aumentar o servizo nestas zonas.

Pero sería un bus municipal?

Non, unha nova liña que lle propoñeremos á Xunta para o transporte metropolitano, como no seu día lle pedimos a de Arillo e é un éxito. O bus municipal xa non ten sentido. Queremos tamén que os buses de O Burgo que dan volta en San Pedro suban ata Vilanova.

Oleiros está eliminando semáforos. Axuda á mobilidade?

O plan de mobilidade que redactamos estamos aplicándoo agora. Estabamos rebaixando bordillos, sinalizando pasos de peóns...Eliminamos os semáforos de Coruxo e puxemos sinais de prioridade ao peón e funciona moi ben, non se fan colas no cruce.

Coa apertura total de Sol y Mar, parece que xa non hai atascos.

Foi unha das obras máis importantes que se fixeron en Oleiros en moitísimos anos. Ademais se embeleceu aquela zona. Locais pechados agora abriron,e ata novos negocios.

O proxecto de conectar Coruña e Oleiros cun barco de transporte?

Pois o barco debeu naufragar porque non volvemos ter noticia. Era un proxecto que ía financiar a Unión Europea. Teño entendido que Xunta e Deputación estaban interesadas, pero non interesou á Coruña.

Criticouse a falta de policías, como ocorre noutros concellos.

Agora mesmo hai 42 axentes e catro máis están facendo os exames. No bipartito fíxose unha lei que permite a axentes desprazarse a outros concellos e quédalles a praza reservada. Iso está a causar un problema gravísimo. E tampouco pode ser o das baixas, como en A Laracha. Os médicos aquí teñen moito que dicir.

Sempre lle preguntamos pola xubilación, ameazou algunha vez pero agora xa di que vai continuar. Ata que o corpo aguante

De momento, se estou como estou, si. Pero hai xente de sobra para continuar.Eu non son eterno, e no seu momento terá que haber outra persoa. Eu o que quero é que Alternativa siga sendo a primeira forza de Oleiros, á marxe de se está ou non Gelo.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents