Convocado o premio Descubrindo Oleiros

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros abre a convocatoria da edición número once do Premio Literario Descubrindo Oleiros, dirixido a estudantes e á poboación en xeral. O prazo de presentación de textos rematará o próximo 15 de febreiro.

O premio conta con seis categorías e poden concorrer rapaces e rapazas de terceiro, cuarto, quinto e sexto de Primaria e de ESO, ademais de rapazada de 16 e 17 anos, así coma maiores de 18 anos que estean empadronados ou escolarizados no municipio.

Outorgarase un premio por cada categoría que consistirán en bonos de 200 euros para mercar en comercios de Oleiros que fomenten a lectura, a creatividade e a cultura galega. Poderán concederse tamén accésits.

Os relatos deberán estar ambientados en Oleiros e escritos en galego, inéditos e non premiados. O alumnado poderá participar a través dos centros de ensino. Os adultos a través do rexistro municipal situado no centro cultural A Fábrica de Perillo.

Tracking Pixel Contents