«A mostra xurdiu dunha foto do avó»
Últimos días para ver a exposición no mercado de Perillo

Sabela Eiriz. | Germán Barreiros
Este sábado 18 de xaneiro remata no Espacio Peculiar do mercado municipal de Perillo a exposición Cuando esta fotografía hable, da artista lucense Sabela Eiriz. Estamos polo tanto nos últimos días para poder ver a mostra desta fotógrafa, cineasta e docente. Esta potente creadora é a segunda artista que expón na galería da comisaria Pilar Romero.
O título é moi suxestivo. Como xurdiu a idea da mostra?
A idea xurdiu por unha dedicatoria que atopei no reverso dunha foto que tiña meu avó. Poñía Cuando esta fotografía hable, Senén dejará de quererte. Senén era meu avó, xa non está. A través deste xesto romántico eu tamén me sinto interpelada. Son tamén docente na Universidade da Coruña e investigo sobre como nos expresamos a través das imaxes.
Ou sexa, que conectou o seu traballo co seu avó.
Totalmente. Fago unha especie de xogo, estas fotos falan ou non? A mirada é o que máis me interesa.
E que lle parece o espazo de exposición?
Gústame saír dos espazos convencionais,achegarse máis á xente, ter a súa mirada. O día da inauguración varias vendedoras do mercado achegáronse e comentaban que lles parecía e preguntaban se significaba tal cousa. Eu dicíalles que non hai unha visión correcta nin incorrecta. Foi moi bonito.
- Siete heridos en un accidente múltiple por un jabalí en la autopista AP-9
- Estos son los apellidos más comunes de A Coruña: el más utilizado habla de la mentalidad guerrera de la ciudad
- Un accidente múltiple deja dos heridos en Arteixo
- Los delitos crecen en Oleiros, Arteixo y Cambre, y bajan un 10% en Culleredo
- Un conductor se sale de la vía y vuelca al chocar contra un árbol en Arteixo
- El ruido de una torreta altera la vida en Rúa Curro: «Es insufrible»
- De la óptica a la hostelería para hacer sentir «como en casa»
- La cultura árabe se aprende en Arteixo