Presentación en Oleiros da revista do Museo do Pobo

Presentación en Oleiros da revista do Museo do Pobo | LOC

Presentación en Oleiros da revista do Museo do Pobo | LOC

O número 18 da revista ADRA, publicación anual dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, presentouse na sede do Museo Os Oleiros en Santa Cruz. Nunha das salas tivo lugar a presentación do volume, que entre outros artigos inclúe un texto de Tiffany López Ganet, docente e investigadora en Artes e Educación da Universidade da Coruña. Esta profesora realizou un artigo sobre migracións. A revista promove a consolidación do Museo do Pobo Galego coma referente cultural da comunidade autónoma galega.

Tracking Pixel Contents