O BNG demanda outra escola infantil ao quedar 107 pequenos en agarda
Presentará unha moción para esixir á Xunta adecuar as prazas á demanda existente
O grupo municipal do BNG de Oleiros, despois de rexistrar varias iniciativas no Parlamento galego, levará unha moción ao pleno desde xoves no Concello para que se acorde esixir á Xunta «adecuar as prazas das escolas infantís á demanda existente».
Os nacionalistas sinalan que despois do baremo extraordinario de decembro feito pola Xunta, aínda quedaron 107 nenos e nenas de ata tres anos en listaxe de agarda para acceder a unha praza, a pesar de que existen catro escolas infantís públicas do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar (A Pardela, A Canteira, As Galeras e A Braña).
O Bloque engade que este feito demostra que «existe unha demanda importante de prazas públicas» para esta etapa que o Goberno galego «se nega a cubrir». Lembra que hai más de «tres lustros» que reclama unha nova escola infantil en Oleiros, concretamente na parroquia de Nós porque é a terceira de maior poboación.
«Existe o compromiso de construcción doutra escola por parte da Xunta dende a época do bipartito e en 2010 o pleno aprobou ceder un terreo para facela en O Vieiro», pero non se fixo. Esixe a súa cosntrucción para facilitar a conciliación familiar.
- Curtis invita a apostar por el rural
- Oleiros celebra «la buena educación»
- Así es el 'multirrestaurante oculto' de A Coruña: seis cocinas diferentes para ponerte las botas
- Choque por las ventanas del mercado de Betanzos
- «Llevamos 30 años pidiendo que quiten el tendido en Sol y Mar y nada de nada»
- Pesar en el área de As Mariñas por la muerte de César Delgado
- Transportes cede a Cambre dos ramales para crear los accesos al área comercial de O Graxal
- Un juez avala al Gobierno de Nogareda por denegar horas extra a la Policía