Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Oleiros festexa o 8-M cunha charla de mulleres gardas civís

Oleiros

O Concello de Oleiros ten programados varios actos polo 8-M, o Día Internacional da Muller. Entre os máis destacados figuran dous obradoiros, o 25 de febreiro e o 22 de marzo, de auto-coñecemento e saúde feminina; e o segundo, o 5 de abril, sobre o solo pelviano.

O 6 de marzo haberá un Encontro con Mulleres Gardas Civís con alumnado de Secundaria no María Casares, Miraflores, Neira Vilas e Hijas de Cristo Rey. Haberá tamén contacontos nas bibliotecas. O propio 8 de marzo publicarase un vídeo manifesto e o día 14 haberá recital poético.

Tracking Pixel Contents