Aberto o prazo do concurso de narrativa breve do Temple
A Asociación de Veciños do Temple convoca a segunda edición do Concurso de Narrativa Breve en Galego Conto a Conto. O certame pretende fomentar o emprego da lingua galega entre as novas xeracións, traslada o Concello.
Poderá participar a rapazada de entre 9 e 15 anos e haberá tres categorías diferentes: de 9 a 11 anos, de 12 a 13 anos e de 14 a 15. Haberá un premio por categoría, aínda que se poderá considerar algún accésit. Os galardoados recibirán 50 euros, material escolar e un libro de contos acorde ás idades.
Os contos poden presentarse ata o día 30 de abril na sede da entidade —rúa Tapia, número 3, no Centro de Servizos Múltiples, os martes e xoves, de 12.00 a 13.30— e por correo electrónico a aavvotemple@gmail.com.
Os traballos terán unha extensión de entre un e catro folios escritos a ordenador con letra a 12 puntos. Deberán estar escritos en galego e ser orixinais, inéditos e non premiados en ningunha outra convocatoria. O tema é libre. Os participantes teñen que enviar os seus contos ou relatos claramente titulados e firmados cun pseudónimo, non co nome real, sin indentificación persoal. Nun sobre aparte, deberá poñerse no exterior o pseudónimo e, dentro, enviar o auténtico nome do concursante, o seu enderezo, teléfono e autorización dos seus representantes para participar no concurso.
- Daños colaterales en las banderas azules de Arteixo
- Casi la mitad de gastos de Cambre en 2024 tenían reparo suspensivo
- Sada tramita el plan urbanístico da Lagoa y el nuevo centro de salud
- Polémica en Betanzos por el tope de tiempo para el acceso de vehículos al casco histórico
- Propietarios fuera de la junta recibirán suelo en el sector de 374 viviendas de Alsina
- Un paso adelante con el carril bici en Arteixo
- Dos heridos en Morás al chocar dos vehículos y caer uno de ellos por un terraplén
- Cambre se defenderá en los pleitos de las horas extra y los contratos verbales