Héctor Rodríguez: «Quixen debutar con ‘Poscoito’ para romper tabús e mostrar fraxilidade»
O arteixán logrou o premio a Mellor Serie Web nos Mestre Mateo coa súa ópera prima como director, na que recolle a «vulnerabilidade das persoas», e para a que espera que poida haber unha segunda temporada con moitos máis conflitos cos que a xente poida sentirse identificada

Héctor Rodríguez. / LOC
«Chegar ata aquí xa é un soño feito realidade para min», asegura Héctor Rodríguez, o cineasta arteixán premiado por Poscoito, nomeada Mellor Serie Web nos Mestre Mateo. Con esta pequena produción de tres capítulos, o arteixán de 26 anos fixo o seu debut como director logo de seis anos traballando como auxiliar de dirección en diferentes películas e series de plataformas como Netflix ou Movistar+, ademais de diversas televisións públicas e produtoras locais.
O cineasta decidiu abordar un tema co que calquera se podería sentir identificado: o sexo e as emocións que nos xera. «O poscoito é un dos momentos nos que todos estamos máis vulnerables e máis expostos emocionalmente, e quería captar esas situacións, dramáticas e cómicas á vez», afirma o director, que di que o seu fin foi «romper tabús e mostrar fraxilidade».

Parte do equipo de 'Poscoito' nos Mestre Mateo. / Cris Andina
Poscoito retrata as diferentes situacións e conflitos que poden darse despois de ter sexo, «rachando con todas esas cousas que levamos dentro». Cada episodio é autoconclusivo e independente, cunha duración duns cinco minutos, e comeza xusto no momento no que remata o acto sexual.
«Quería dar o paso e lanzarme a facer algo máis propio, así que formei un equipo próximo a min, cunhas 15 persoas, e gravamos todo en cuestión de dous días», conta Héctor Rodríguez, que lembra a súa infancia pola parroquia arteixá de Armentón coa cámara na man, sempre filmando todo. Por iso lle fixo especial ilusión levar a serie a Arteixo o verán pasado, cando estaba en pleno proceso de distribución. «Creouse un ambiente moi profundo, porque a xente adoita sentirse moi vinulada e involucrada coa serie», di o arteixán, que está moi satisfeito pola acollida que tivo entre o público e entre os críticos.

Público na proxección da serie en Arteixo. / LOC
E é que, ademais de pasar por decenas de concellos das catro provincias galegas, o cineasta traspasou fronteiras coa súa ópera prima. Obtivo recoñecementos no Golden Lion Film Festival (India), no Robinson Film Awards (Italia), o Košice Film Festival (Eslovaquia), o Cinematography & Photography Awards (Londres) e no European Short Awards (España), onde tamén foi finalista á Mellor Curta de Comedia.
Segunda temporada de Poscoito
Unha acollida «máis que boa», polo que o arteixán espera poder levar á pantalla unha segunda temporada de Poscoito. «Se á xente lle mola, espero poder facer outra parte, porque o tema dá para moito, e gustaríame reflitir todas esas situacións que todos temos en mente e que a xente se sinta identificada», sostén o cineasta.
Espera que este sexa o inicio de moitos máis proxectos de seu. «Só quero seguir con curtas e longametraxes, e ir coa cámara a costas, igual que facía de pequeno», asegura. Polo momento, a súa intención, ademais de traballar, é continuar formándose e tomar experiencia con moitos máis proxectos no marco do sector audiovisual, sempre centrado nas emocións e no sentir das persoas. O arteixán leva por bandeira a mensaxe que transmitiu no seu discurso dos Mestre Mateo, no que avogou por «facer o amor e non a guerra».
- Un edificio con bajo y otras dos plantas para reformar se vende en el casco histórico de Betanzos por 165.000 euros
- Estudiantes hallan unos 30 vasos de yogur de los 80 en la playa de Santa Cruz
- Liberan a una persona tras quedar atrapada en una rampa de garaje en Betanzos
- Hurto y estafa, entre los seis supuestos delitos del maderista
- La alcaldesa de Cambre llevará Obras, Urbanismo, Seguridad y Medio Ambiente
- Oleiros reclama los 18.594 euros a los ediles del PSOE del anterior mandato
- Renuncias en cascada en el PP de Miño abocan al partido a recurrir a los últimos de la lista
- PP y BNG de Cambre: diálogo «esperanzador» y «sincero»