Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A cara escura da emigración, sobre as táboas en Mera

Tarabela Creativa revisa a cara menos rutilante da emigración galega en ‘Boa sorte, mala fama’, obra que chega ao auditorio Gabriel García Márquez de Mera este sábado ás 20.30 con entradas a 4 euros

Carmen Conde, á esquerda, xunto a Mariña Pena, nun momento da obra 'Boa sorte, mala fama'.

Carmen Conde, á esquerda, xunto a Mariña Pena, nun momento da obra 'Boa sorte, mala fama'.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Oleiros

«Moitas veces, desde as institucións, sobre todo en distintas fases históricas, falábase da xente que emigrando facía fortuna e conseguía ter unha vida próspera ao seu retorno. Pero non a todo o mundo lle foi de marabilla na diáspora», conta a dramaturga e actriz Carmen Conde sobre Boa sorte, mala fama, obra que escribiu a partir das investigacións que realizou para tratar de comprender mellor a historia do seu avó, que emigrou á Arxentina. «Na obra está o relato do fracaso, porque a maior parte dos relatos migratorios teñen que ver con moito sufrimento e moita loita, e iso deriva nunha traxicomedia en tres actos porque, aínda que hai moita traxedia, tamén hai relatos cómicos», explica a directora, que exerce de narradora sobre as táboas, acompañada da actriz Mariña Pena e da cantante Nastasia Zürcher, que pon música ao vivo.

A eses relatos da emigración menos lustrosa nos resultados súmase a «mala fama» que, asegura, se lles puxo aos galegos nos destinos varios do mundo nos que buscaron fortuna. E fama de que? «Pois de ruidosos e sucios», explica Conde. «En Arxentina a palabra ‘galego’ aínda hoxe é un insulto e un sinónimo de tonto», apunta.

Escolle a dramaturga as andoriñas como alegoría dos galegos emigrados na súa obra, que abrangue as partidas «desde finais do século XIX, cando principalmente se emigraba rumbo ás Américas, ata a emigración dos anos 50 e 60, xa dirección a Europa». «Son aves de bo agoiro, migrantes e que viven agrupadas en colectividades, nos seus niños sempre fan colonias, pero teñen certa mala fama porque onde aniñan hai excrementos e ao piar arman moito barullo. E isto é un pouco o que se dicía da emigración galega: barullo e sucidade, non sabíamos falar baixo», conta.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents