O BNG sinala que o Concello parou de novo as obras do multiusos
O grupo municipal do BNG de Oleiros sinala que o pasado mes de xaneiro produciuse unha segunda suspensión temporal das obras do multiusos de Bastiagueiro, da que o Concello non dou explicacións e da que se coñecen os motivos. A primeira paralización foi o ano pasado, ao atopar cinco mananciais subterráneos, que obrigou a facer un pilotaxe. O Bloque sinala que a Alcaldía ordenou o levantamento da suspensión pero solicitarán no pleno que o rexedor explique as causas.
Os nacionalistas tamén prevén levar ao pleno deste mes as «constantes queixas cidadás» sobre o funcionamento dos centros deportivos municipais. Denuncian numerosas deficiencias como a «fría temperatura das piscinas e duchas os luns pola mañá, as deficiencias no mobiliario das saunas, o peche da piscina e as instalacións de Perillo, abertas hai pouco, a sauna fría os domingos, atrasos na suspensión das máquinas dos ximnasios, falta de reparación de deficiencias e avarías, escasa cartelaría sinalizadora ou a necesidade de esteiras nos vestiarios, entre outras.
- Diana Piñeiro, nueva alcaldesa de Cambre
- De Paderne a Marruecos a través del té
- Hurto y estafa, entre los seis supuestos delitos del maderista
- Cortada una carretera entre Sada y Bergondo por el hundimiento de un tramo
- El alquiler medio en Oleiros en 2025 ya es el más alto de Galicia: 886 euros
- Aparece un cetáceo de seis metros en una playa de Arteixo
- La primera fase de la nueva travesía de Arteixo saldrá a licitación por 3,6 millones
- Emotivo adiós a la política a Ramón Boga, el 'buen caballero' que creó la Galaicoi