Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O BNG levará a pleno este mes o rexeitamento contra Altri

Oleiros

O BNG de Oleiros presentará no pleno deste mes de marzo unha moción de rexeitamento á construcción da «macrocelulosa contaminante da pasteira Altri», unha iniciativa que están a facer en todos os concellos galegos.

Na moción o Bloque pedirá que o pleno de Oleiros amose a súa oposición a Altri por «perpetuar un modelo de dependencia e explotación» co eucalipto. Solicitará tamén que a Corporación condene a actuación da Xunta por «antepoñer os intereses dunha empresa privada portuguesa aos intereses da sociedade galega». Propoñerá tamén pedir ao Estado que non lle dea fondos públicos a Altri.

Tracking Pixel Contents