Visita ao museo e obradoiro de decoración con burbullas

Oleiros

O Museo Os Oleiros en Santa Cruz festexará os Días Europeos da Artesanía coa organización de dúas actividades o vindeiro 5 de abril: unha visita cultural e un obradoiro. A visita será ás 12.30 horas ás instalacións do propio museo, baixo o tema das mulleres na colección de olería deste centro. É unha actividade de balde. Antes, en dúas quendas, unha de 10.30 a 12.00 e outra de 12.30 a 14.00 horas, celebrarase un Obradoiro de decoración con burbullas no centro cultural As Torres. Neste caso o prezo é de catro euros.

Tracking Pixel Contents