Yasser Arafat xa ten unha rúa en Oleiros

A nova vía conecta a avenida Concepción Arenal coa rúa Souto en Santa Cruz

Yasser Arafat xa ten unha rúa en Oleiros

Iago López

O Concello de Oleiros, polo Día da Terra Palestina, inaugurou este domingo a rúa Yasser Arafat, en lembranza do lendario líder palestino. A nova vía conecta a avenida Concepción Arenal coa rúa Souto en Santa Cruz.

O acto público contou coa presenza do presidente honorífico da Fundación Araguaney Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim.

Arafat foi Premio Nobel pola súa loita pola paz en 1994.

Na inauguración o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, pediu non esquecer o pasado. "É alarmante que non se coñeza a historia", incidiu.

Tracking Pixel Contents