Espectáculo poético de Yolanda Castaño ao alumnado

Yolanda Castaño. |  LOC

Yolanda Castaño. | LOC

Oleiros

A escritora e Premio Nacional de Poesía en 2023 Yolanda Castaño está a ofrecer estes días un espectáculo e recital multimedia a alumnado de diversos centros educativos de Oleiros no teatro As Torres de Santa Cruz. A poeta, con apoio de efectos de son e proxección de vídeos, recita os seus poemas e conecta con todo o público.

Este acto forma parte das actividades complementarias á formación curricular que o Concello oferta gratuitamente aos colexios e institutos.

Tracking Pixel Contents