Coloquio sobre Rachel Carson, o 22 de abril no pazo de Lóngora

Oleiros

O Ciclo de Lecturas Verdes Imprescindibles no pazo de Lóngora terá unha nova sesión o vindeiro 22 de abril ás 19.00 horas para falar dun libro imprescindible: Primavera silenciosa, da bióloga e escritora estadounidense Rachel Carson. A obra, escrita hai máis de sesenta anos, é unha referencia obrigada do ambientalismo mundial.

O Centro de Divulgación Ambiental (Ceida) organiza este coloquia sobre a obra da científica coa participación do tradutor ao galego, Juan J. Casarees Long (catedrático de Enxeñería Químia e profesor emérito da Univerdade de Santiago ademais de ex reitor); e o autor do prólogo, o botánico Pablo Ramil.

Tracking Pixel Contents