Os «descendentes» de Luar na Lubre en Arteixo
Os mozos arteixáns Amanda Villamar, Jacobo, Amado, Antía Romero e Samuel Mosquera forman o grupo de música Arnela, xordido a raíz das clases no centro da asociación cultural Triskell de Armentón, na que aprenden cada día dalgúns dos músicos máis recoñecidos do panorama galego

O grupo, entre Bieito Romero e Nuria Naya, os seus profesores. | LOC
Amanda Villamar, Jacobo Amado, Antía Romero e Samuel Mosquera, con idades comprendidas entre os 17 e os 22 anos, forman o grupo de folk Arnela. A pesar da súa corta idade, estes catro rapaces levan case unha década «petándoo» forte. O grupo cumpre este mes o seu primeiro ano de vida, pero a súa paixón pola música tradicional naceu hai xa case unha década da man da asociación Triskell, en Arteixo. «Empezamos de ben pequenos a tocar, e aprendimos e seguimos aprendendo da man dos mellores», asegura a vocalista, pandereteira e fratutista do grupo, Amanda Villamar.
Os músicos de Luar na Lubre Patxi Bermúdez e Nuria Naya, xunto con Bieito Romero Junior, fillo do recoñecido gaiteiro do grupo e fundador de Triskell, son a súa fonte de inspiración diaria, pois eles mesmos foron os que lles deron o impulso atreverse a dar o salto e formar a súa propia agrupación musical. Jacobo, o máis veterano con 22 anos, é o gaiteiro do grupo, a especialidade da escola de música arteixá. Mentres que Samuel e Antía, os máis novos, encárgase da percusión e o violín respectivamente.
Os catro comezaron tocando coñecidas pezas tradicionais galegas e irlandesas para ver como soaban á vez. En vistas da súa boa sintonía, os rapaces animáronse a compoñer algunha que outra obra propia co fin de dar a coñocer a súa propia voz como grupo. «O único que buscamos é manter viva a nosa tradición, a nosa música e a nosa cultura», sostén a vocalista, que afirma que escolleron o nome de Arnela en honor á praia arteixá, posto que os catro son naturais de Arteixo.
Antía foi a última en incorporarse, pero enseguida se adaptou ao ritmo dos seus compañeiros. «Ter unha violinista nun grupo de gaitas é moi peculiar, e aporta moitísimo, así que tiñamos claro que isto era cousa de mesturar todos os sons e estilos», sinala Amanda Villamar.
Unha boa acollida en Arteixo e na Coruña
Os integrantes manifestan estar «moi contentos» pola boa acollida que tiveron na súa terra natal e tamén na Coruña, onde xa realizaron algún que outro bolo. «Aínda nos movemos para o pouco que levamos, e esperamos seguir facéndoo moito tempo máis», indica a pandereteira de Arnela, que di que ensaian todos os sábados pola mañá no centro cívico de Armentón, onde a asociación imparte as clases de música. «É o lugar no que aprendimos, e é onde nos sentimos máis cómodos, porque é a nosa casa», din os integrantes de Arnela, «descendentes» dos músicos de Luar da Lubre, aos que sinten como os seus guías e mentores.
- El arquitecto técnico de Oleiros, en el juicio por el derribo de Casa Carnicero: 'Era imposible apuntalar, los muros se deshacían, había un riesgo elevadísimo
- En esta casa-restaurante a 20 minutos de A Coruña cocinan 'a la leña': tortillas espectaculares y precios populares
- El TSXG da la razón a Oleiros en expropiar y demoler un edificio
- Herederos de Carnicero: «Nuestra idea y del Concello era darle un uso público»
- Seoane: «Carnicero no era BIC así que no hacía falta permiso de Patrimonio»
- El juicio contra el alcalde de Oleiros por Casa Carnicero arranca este martes 20 en la Audiencia
- Unión por Cambre rechaza entrar en Junta de Gobierno
- El BNG no entrará en Junta de Gobierno por acusarlo UxC de pactar con el PP