Solidariedade e técnica desde a Laboral a Malawi
Paliar os continuos cortes de luz ou facilitar os desprazamentos son algunhas das contribucións a mellorar a vida en Malawi da Asociación Operación Pangono Pangono, que creou e preside o director do centro de FP Universidade Laboral

Chegada do minibús doado pola Asociación Operación Pangono Pangono a Malawi. / LOC
«Todos os días cando se fai de noite, ás seis ou así, hai un corte eléctrico, que pode durar media hora ou varios días, dependendo da época do ano». Esa é a realidade cotiá que viven en Malawi, país con un «precario» sistema eléctrico, explica o director do centro de FP Universidade Laboral e presidente da Asociación Operación Pangono Pangono, Ricardo Baamonde, quen acaba de volver do país africano despois de ofrecer os seus coñecementos técnicos e levar en forma de minibús a solidariedade de varias persoas, empresas e un instituto oleirense para axudar ás Misioneras de María Mediadora na súa tarefa de mellorar vidas.

Baamonde e Pereiro, hai uns días, en Malawi. | LOC
Las irmás administran en Malawi una residencia de estudantes, dous hospitais rurales e un orfanato. O minibús conseguiuse e entregouse grazas ao proxecto #MiniVan_Area49, que recolle o nome do barrio onde se atopa a residencia de estudantes na capital do país. O vehículo vai permitir que as mozas estudantes da residencia Amai María poidan desprazarse cada día aos seus centros de estudos, repartidos pola cidade, e que as misioneiras se despracen entre as distintas instalacións que rexentan en Malawi».
A compra do minibús foi posible gracias aos fondos que recadou a asociación, nos que resultou definitiva a achega do instituto Miraflores de Oleiros, que este ano adicou a Pangono Pangono os cartos reunidos na Carreira da Luz. «Coa súa achega permitiu comprar unha minivan moito mellor. Traballaron moitísmo durante todo o ano, agradecémoslles moito o seu traballo», sinala Baamonde.
Á entrega do vehículo sumáronse as habituais tarefas técnicas para axudar a paliar os problemas do sistema eléctrico no país. «Aproveitamos para realizar mantemento de instalacións fotovoltaicas que fixéramos noutras viaxes. Moitas teñen as baterías practicamente mortas ou directamente mortas e facía falla a súa renovación, e xa iniciamos outro proxecto para conseguir as baterías e envialas», explica o presidente de Pangono Pangono. Esas placas solares «permiten paliar os continuos cortes de luz» e, por tanto, evitan que se paralicen servizos médicos nos hospitais e que as mozas da residencia se queden sen poder estudar. «Nós adicámonos á parte técnica e como aquí [na Laboral] temos FP de varias familias, cada un aporta o que sabe facer. Profesorado da familia de electricidade fai máis a parte eléctrica e os da familia de mantemento, máis a parte hidráulica ou pequenas reparacións de fontanería, paneis solares térmicos e así», explica.
Todo comezou en 2006, cando el viaxou a Malawi por primeira vez. «Xa estaba vinculado á Laboral», sinala e conta que, nos seguintes anos, se foron sumando a el outros profesores. Esta última viaxe fíxoa coa profesora do Politécnico de Santiago Élida Piñeiro.
«Fomos facendo cada vez máis traballos e en 2016 acabamos creando unha asociación para darlle forma legal á colaboración e poder emprender proxectos de maior envergadura», relata. E apunta: «Non somos unha ONG nin pretendemos selo. Somos un grupo de persoas, amigos, que empezamos a colaborar dun xeito pequeno e vimos que podíamos ser máis útiles si facíamos cousas máis importantes, e a maneira de darlle forma legal era crear a asociación».
- La coruñesa Vaca Films rueda en Oleiros capítulos de la segunda temporada de ‘Clanes’
- El Superior avala la urbanización de A Pezoca en Oleiros
- La promotora de la central hidroeléctrica de As Encrobas ábonará 50.000 euros al Concello y pondrá abastecimiento en el Xalo
- Cuatro personas identificadas en Oleiros por una pelea delante de un karaoke en Santa Cristina
- La gasolinera de Santa Cruz lleva semanas cerrada
- Cambre estudiará si la redactora del PXOM cumplió tras ver fallos los técnicos
- Betanzos celebrará la Feira Franca Medieval este fin de semana con 130 puestos
- Vilaboa tendrá un servicio especial de bus hasta A Coruña para las fiestas