Letras Galegas en Oleiros: festas de Nós e Dexo, e mostra escolar na Fábrica
Organízanse actuacións de cantareiras e pandeireteiras dos grupos tradicionais
A Asociación Cultural Amanexo de Dexo e a Asociación de Veciños San Antón de Dexo organizan, en colaboración co Concello de Oleiros, unha actividade este sábado 17 de maio ás 19.00 horas na Casa do Pobo. Actuarán as cantareiras de O Amanexo, botando cantos para celebrar a lingua e a tradición galegas, e para homenaxear ás cantareiras ás que se lle dedican as Letras.
Na parroquia de Nós tamén celebran o 17 de maio con actividades na Casa do Pobo de Nós a partir das 11.30 horas. Actuará o grupo de pandeireteiras Nós Canta e de pandeireteiros Os Rueiriños e a Coral Airiños de Nós. Ao remate haberá un obradoiro de barro.
O Concello ademais inaugurará este venres 16 de maio ás 20.00 horas no centro cultural A Fábrica de Perillo a mostra de debuxo e pintura NosArte, obra de nenos e nenas dos colexios de Infantil e Primaria Juana de Vega e Valle Inclán, dirixidos pola artista e docente Laura Gualda.
Trátase dunha exposición de debuxos e pinturas do alumnado que asiste ás clases de pintura desta docente. Tamén colaboraron na exposición nais e pais deste circuito artístico denominado NosArte.
- La Ruta del Bakalao encontró un desvío en O Quinto Pino
- Oleiros, Cambre, Bergondo y Sada se unen para urgir mejoras en el agua
- Detenido un vecino de Aranga por una presunta agresión sexual a una peregrina
- La Xunta descarta efectos adversos en permitir más viviendas en O Río
- La paralización de la obra de remodelación de la avenida reaviva las protestas por el 'abandono' Párroco Villanueva
- Uxes, una pequeña estación en auge
- El Superior avala el acuerdo de Sada para regularizar Párroco Villanueva
- El nuevo supermercado Lidl en O Burgo abre este viernes