O Concello formaliza o contrato con Rivas Boquete para axudar a Aquaoleiros

A empresa fará, por 304.086 euros, traballos de reparación e mantemento da rede, en apoio da empresa municipal da auga, creada en 2022

Oleiros

O Concello de Oleiros xa formalizou o contrato coa empresa Manuel Rivas Boquete SL por un importe de 304.086 euros (impostos incluídos) para que colabore coa empresa municipal de auga Aquaoleiros facendo traballo de mantemento e reparación da rede de subministro.

Os técnicos municipais sinalaron a falta de medios da empresa municipal Aquaoleiros para facer estes traballos, sobre todo, segundo apunto o alcalde, pola xubilación de varios fontaneiros. No prego de condicións do contrato sinalábase ademais que contratando unha empresa externa sería unha xestión máis «eficiente e rendible», pois o obxectivo é mellorar a «calidade e axilidade do servizo».

Aquaoleiros ten un xefe de servizo, catro fontaneiros e dous operarios. Con este contrato tamén contará cun mínimo de dos oficiais e dous peóns xunto con todo tipo de maquinaria, para poder traballar a calquera hora do día e da noite en casos de emerxencia.

Oleiros puxo en funcionamento en 2022 unha empresa municipal de auga, despois de trinta anos cunha empresa contratada. Nos primeiros exercicios tivo déficit e decidiu cambiar de xerente.

Por unanimidade do consello de administración de Aquaoleiros acordouse adxudicar o contrato a Rivas Boquete, por un prazo de un ano prorrogable por outro máis.

Tracking Pixel Contents