O BNG propón unha taxa turística para sufragar o aumento de gastos no verán
Tamén levará a pleno reclamar ao Concello que faga un plan integral de turismo
O Bloque de Oleiros solicitará ao Goberno local no próximo pleno que elabore unha planificación do turismo para evitar «máis masificacións», logo das que se comezaron a producir o pasado verán pola morea de visitantes aos areais e festas, xunto coa «pésima reforma do transporte público da Xunta». Os nacionalistas consideran que a tendencia seguirá a incrementarse, como pasa noustras localidades, «causando incomidades claras á veciñanza» e impedindo o aparcamento en moitos lugares.
O BNG reclama que o Concello elabore un «plan integral de turismo» para que sexa «sustentable, ecolóxico, racional respetuoso coa vida cotiá da cidadanía». O grupo municipal tamén vai pedir ao Executivo que implante unha «taxa turística», como fonte ingresos para afrontar o custo do aumento da poboación no verán, polos servizos básicos como o abastecemento, tratamento de augas residuais, recollida de lixo ou limpeza viaria. Santiago acaba de implantar esta medida. Tamén sinalan que a necesidade de financiamento débese ao «desleixo da Xunta», que debería «asumir estes custes». «A implantación dunha taxa turística non é unha opción senón unha necesidade» ante o aumento de gasto no verán, din.
- Rescatado el cuerpo de una mujer en el puerto de Sada
- El Supremo legitima a Oleiros para recurrir el área proyectada en O Seixal
- En esta casa-restaurante a 20 minutos de A Coruña cocinan 'a la leña': tortillas espectaculares y precios populares
- El Globo de Betanzos alzará el vuelo con «sorpresa» por su 150 aniversario
- A exposición pública el proyecto para conectar los paseos marítimos de Oleiros y Cambre
- La alcaldesa de Cambre invitará al de Oleiros a una reunión sobre el desarrollo en O Seixal
- Un conductor de Arteixo con el carné ya sin puntos cuadruplica la tasa de alcoholemia
- Trasladado un hombre tras caer de su caballo en A Laracha