O BNG pregunta se o ‘parking’ de Seixo Branco será de pago, con ORA

Oleiros

O Bloque de Oleiros pedirá ao Concello de Oleiros que explique en que consiste o convenio asinado o pasado mes de marzo co colexio privado coruñés Obradoiro. Sinala que se fixo un acordo de colaboración para facer unha «acción comunitaria incluída no currículum do bacharelato internacional», pero demanda información sobre «obxectivos e características» e se fará máis con outros colexios privados.

Os nacionalistas tamén preguntarán polo réxime que terá o futuro aparcadoiro de Seixo Branco, se será gratuito ou con ORA, de pago, e se se autorizarán autocaravanas e vehículos «camper» con pernocta.

Tracking Pixel Contents