Cortes de luz en Liáns, O Seixo e Perillo do 4 ao 6 de xuño

Oleiros

A compañía eléctrica Naturgy informou ao Concello de Oleiros da realización de cortes de luz en diversas rúas do 4 ao 6 se xuño, de madrugada, por traballos de mantemento. O 4 de xuño cortaráse a luz de 00.00 a 04.30 horas na rúa Marcial del Adalid en Liáns. O día 5 afectará ás rúas Ánade Real e Cormorán en O Seixo de 00.00 a 02.30 horas; na rúa Graxal de 02.30 a 04.30; e en Paraíso, Sauces e avenida das Mariñas de 04.30 a 07.00 horas.

O 6 de xuño os cortes serán en Beiramar de 00.00 a 02.30 e en Rafael Alberti, avenida de Santa Cristina e Che Guevara de 02.30 a 04.30. De 04.30 a 07.00 cortaráse na rúa Xesteira e avenida das Mariñas.

Tracking Pixel Contents