O PSOE denuncia a «ilegalidade» da expulsión do edil Jesús Fernández
O concelleiro criticou a tardanza en acceder á documentación plenaria
O concelleiro do grupo municipal socialista de Oleiros, Jesús Fernández, denuncia a «ilegalidade» da súa expulsión do pleno do pasado xoves 29 de maio por parte do alcalde, despois de criticar a xestión do equipo de goberno por «múltiples irregularidades na convocatoria e desenvolvemento da sesión». Fernández denunciou a tardanza da convocatoria do pleno, que o Concello imputou a un fallo informático, e o feito de non ter tempo para consultar a documentación.
O concelleiro afirmou que o pleno foi convocado de forma «irregular, non respetando os plazos e dificultando o acceso a documentación esencial».
Fernández manifestou ademáis que foi el quen marchou voluntariamente do pleno «para non comprometer á Policía Local». Sinalou que o alcalde expulsouno «sen que mediase alteración da orde» e sen aviso previo, aínda que o rexedor pronunciou tres chamadas á orde previas.
- El nuevo supermercado Lidl en O Burgo abre este viernes
- Fallece Paco Pita, encargado de lanzar el globo de Betanzos desde 1975
- Detenido un vecino de Aranga por una presunta agresión sexual a una peregrina
- La Xunta descarta efectos adversos en permitir más viviendas en O Río
- Uxes, una pequeña estación en auge
- Condenado a 18 meses de prisión el dueño de la casa Gótica de Betanzos por amenazar al concejal de Urbanismo
- Tres investigados por talas sin permiso y por el hurto de toneladas de madera
- El Superior revoca las multas de Sada a la empresa redactora del plan general