A contracorrente co Son do Campiño en Cerceda
O grupo cercedense Zënzar e a asociación cultural Lucerna celebrarán este sábado, 14 de xuño, a primeira edición dun festival de rock local no que actuarán dez bandas locais que buscan «rachar co sistema de macrofestivais e poñer en valor o talento emerxente e de cercanía»

Zënzar durante unha das súas últimas actuacións. | LOC
«Cerceda é rock, e era hora de celebralo», sostén o vocalista do grupo cercedense Zënzar, Xosé Bocixa, que xunto coa asociación cultural Lucerna, chegaron á conclusión de que este un momento «clave» para materializar o que será a primeira edición do Son do Campiño. Un festival «contracorrente», en palabras de Bocixa, que terá lugar no campiño do número 23 da Avenida do Mesón de Cerceda este sábado, 14 de xuño, a partir das 13.30 horas.
Peter Selek e as historias do doutor Própole, GendeBeat, O Reverendo Can, Dr. Garimba, Mr Kamándula, Os Caudillos, Labirinto, Broa, Ruxe Ruxe e Zënzar serán as dez bandas encargadas de poñer son a este festival rural que busca «rachar contra a cultura dos macrofestivais ao uso e visisbilizar o talento local». Así o define o vocalista de Zënzar, a banda de rock máis veterana de Galicia.

Broa / LOC
Trátase dun festival aberto a todo o mundo que coincide coa festividade de San Antonio en Cerceda. «Era un bo momento de atraer xente e dar a coñecer a un montón de grupos de rock da nosa localidade», indica Bocixa, que di que en Cerceda só houbo un festival similar nos anos 90, e, en vistas «do talento local, queriamos voltar e facer outro na casa».
KKR: Komando Kultural Rabudo
As bandas que forman este novo festival cercedense manifestan o seu rexeitamento ás institucións e entidades públicas que apoian eventos que contan coa colaboración de fondos proisraelís. «Convidamos ao noso ensaio colectivo a quen lle apeteza pasar unha xornada de rebeldía, alegría, confraternidade e festa, e mandamos unha aperta a todas as artistas e colectivos irmáns que apoian estas ideas emerxentes», din os organizadores do evento, que se autoproclaman Komando Kultural Rabudo.

Zënzar durante unha actuación. / YoshimuraEye
Bocixa espera que esta poida ser a primeira de moitas outras edicións deste festival «alternativo, variado e de cercanía en todos os seus estilos con grupos locais». O festival do cartel, dispoñible na páxina web do grupo, invita aos asistentes a xantar no campiño e preparse para unha xornada que rematará co concerto de Zënzar ás 21.20 horas.
- Oleiros estudiará tirar dos esqueletos parados en O Seixal si no se rematan
- El rincón bodeguero de Paderne
- La promotora de la central hidroeléctrica de As Encrobas ábonará 50.000 euros al Concello y pondrá abastecimiento en el Xalo
- Cuatro personas identificadas en Oleiros por una pelea delante de un karaoke en Santa Cristina
- Una banda de estafadores cae tras la denuncia de una vecina de Cambre víctima del fraude del 'hijo en apuros
- A subasta por 639.880 euros una nave en Bergondo, un piso y un garaje en Betanzos
- Los Franco aceptan devolver de forma inmediata las estatuas del Mestre Mateo al Concello de Santiago
- «No podemos hacer del rural una gran urbanización»