O alumnado de 6º de Primaria do Sofía Casanova entrevista a dous músicos de De Ninghures

Hadrián e Cataqui, de De Ninghures, no Sofía Casanova. |  LOC

Hadrián e Cataqui, de De Ninghures, no Sofía Casanova. | LOC

O alumnado de 6º curso de Educación Primaria co colexio Sofía Casanova de Culleredo recibiu a visita de Hadrián e Cataqui, dous dos integrantes do grupo De Ninghures, que traballaron na aula dentro do proxecto de Dinamización da Lingua Galega sobre Cantareiras e Cantareiros. Os estudantes realizaron unha entrevista aos dous artistas, na que lles preguntaron sobre o grupo: a formación, o tipo de música que realizan, os seus concertos, os seus plans de futuro... Ademais disto, os escolares tamén tiveron tempo de bailar e cantar algunhas das cancións máis coñecidas, que prepararon na aula durante o curso, describen desde o centro educativo.

Tracking Pixel Contents