O BNG de Sada alerta sobre o incremento de verquidos

Insta ao Concello a cumprir coa ordenanza de sancións | Fai un chamamento ao civismo

Sada

O BNG de Sada denuncia o «alarmante» incremento de verquidos que están aparecendo nos montes. «Solicitamos que se faga cumprir, de xeito urxente, a normativa sancionadora existente», explica o grupo nacionalista, que di que o Concello de Sada conta cunha normativa propia par a este fin.

«Dende hai un tempo, vemos como van aparecendo cada vez máis restos de materiais de obra, mobles e outro tipo de verquidos e cascallos nos camiños que atravesan a nosa vila», afirma os nacionalistas, que din que é «preciso» lembrar á veciñanza que o coidado dos montes e dos nosos recursos naturais é «trascendental».

O grupo fai un chamamento ao civismo e á conciencia medioambiental no municipio, e lembran que os cidadáns de Sada contan cun punto limpo habilitado.

Tracking Pixel Contents