Oleiros poñerá a proba o futuro dos mares galegos
A Real Academia Galega de Ciencias prepara unhas conferencias marítimas os días 16 e 18

Fiz Fernández. | LOC
C.F.R.
«Aínda estamos á cola en moitos aspectos relacionados coa investigacións dos mares», asegura o académico da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e científico do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo Fiz Fernández, que será o encargado de inaugurar a próxima semana o ciclo de conferencias Velando pola nosa relación co mar. Os mares dannos vida en Oleiros xunto ao presidente da RAGC, Juan Lema o e académico Miguel Gil.
Os expertos analizarán as novas tecnoloxías emerxentes que buscan implantar no estudo dos mares co fin de estudar e predicir os efectos do cambio climático no medio mariño. «É clave avogar polo uso de vehículos autónomos con sensores para que poidamos saber todo o que pasa no mar», indica Fernández, que di que as tecnoloxías mariñas todavía non están «afianzadas», e que é necesario dedicar maiores inversións porque é un «mundo que nos involucra a todos».
Varios expertos relacionados co ámbito mar realizarán unha análise sobre o emprego das novas tecnoloxías, dende os grandes sistemas de teledeteción con satélites ata instrumentos emerxentes como os drons. As charlas impartiranse o día 16 e o 19 deste mes en horario de 16.30 a 20.30 horas en Oleiros, e poderán seguirse en directo na canle de You Tube da RAGC.
«A teledetección con satélites e sensores aéreos permite capturar imaxes e datos cruciais como o aumento da temperatura da auga, a calidade da auga e moitos outros fenómenos asociados que repercuten na saúde dos ecosistemas mariños», sinala o científico, que adianta que tratarán temas como a crise dos bivalvos en Galicia ou as enerxías renovables mariñas. «Temas máis locais que nos tocan de preto a moitos», asegura.
- Oleiros estudiará tirar dos esqueletos parados en O Seixal si no se rematan
- El rincón bodeguero de Paderne
- La promotora de la central hidroeléctrica de As Encrobas ábonará 50.000 euros al Concello y pondrá abastecimiento en el Xalo
- Cuatro personas identificadas en Oleiros por una pelea delante de un karaoke en Santa Cristina
- Una banda de estafadores cae tras la denuncia de una vecina de Cambre víctima del fraude del 'hijo en apuros
- A subasta por 639.880 euros una nave en Bergondo, un piso y un garaje en Betanzos
- Los Franco aceptan devolver de forma inmediata las estatuas del Mestre Mateo al Concello de Santiago
- «No podemos hacer del rural una gran urbanización»