Bautismo de barro para crear coas mans en Oleiros
O mestre da escola municipal de olería do Concello de Oleiros ofrece este xoves, e nas cinco sesións de Tardes no Alfar, a posibilidade de iniciarse no traballo coas mans a través da cerámica feita no torno

O mestre oleiro Alberto Añón no seu obradoiro, Alfarería Lista, en Buño. | / Artesanía de Galicia
Terceira xeración de oleiros de Buño, actual titular do obradoiro familiar Alfarería Lista —despois de xubilarse o seu pai— e profesor da escola municipal de Oleiros, Alberto Añón invita a veciños e visitantes a iniciarse no arte de «crear coas mans» nas sesión de Bautismo de torno. A actividade realízase en cada unha das cinco sesións das Tardes no Alfar, que programa o Concello oleirense, para abrir boca antes dos concertos. Na sesión deste xoves, o traballo co barro comezara ás 19.00 horas e precederá a un concerto en solitario de Miguel Costas, a partir das 20.00, no parque das Torres de Santa Cruz.
Os asistentes poderán probar a elaborar unha peza co torno, coa axuda e as indicacións de Añón. «Que non teñan medo ningún. É un oficio bonito», anima aos que nunca probaron o traballo con barro ou no torno. Calcula que dará tempo a que participen unhas 12 persoas e explica que a actividade non inclúe a cocción das pezas, polo que non poderían meterse despois en auga, pero servirán como decoración.
Con 31 anos, Añón afronta xa o seu terceiro verán como profesor da escola oleirense, tempo no que, asegura, xa constatou o crecente interese pola cerámica. «Notouse moitísimo», afirma e precisa que no seu primeiro ano había dous grupos de alumnos e agora hai tres de adultos e dous de nenos.
Añón opina que o rexurdir da cerámica é froito da pandemia. «A xente botouse un pouco a facer cousas coas mans, explorar un pouco, distraerse de todo o que pasara». E apunta tamén á «versatilidade tremenda» e ás «posibilidades que ten a cerámica con respecto a outras artesanías en técnicas e acabados».
O oleiro combina, tanto nas ensinanzas na escola municipal como no seu traballo de obradoiro, a tradición coas tendencias máis actuais. «Seguimos facendo pezas tradicionais, que vendemos en feiras como Alfaroleiros ou en diversos puntos de España, e despois estou traballando moito con restaurantes a nivel de vaixelas, pratos e recipientes para empratar comida. E a verdade que moi contento», conta.
- Caión suma oferta hostelera a su paseo: 'Cogimos el antiguo Asteria con toda la ilusión del mundo
- La Feria Medieval convirtió de nuevo a Betanzos en el epicentro de la tradición
- Arteixo lidera la retirada de puntos del carnet de conducir en toda el área
- Amplían las frecuencias de la conexión por autobús entre A Coruña y las playas de Oleiros en verano
- Bico de Xeado lanza ‘Biquiños’, un nuevo envase de cerámica para hostelería
- Los vecinos de Rois, en Bergondo, se movilizan contra la instalación de una torre de telefonía 5G frente a sus casas
- Un viaje por los molinos de agua de Golmar
- Culleredo contrata un servicio de control de poblaciones de jabalíes