OBITUARIO
"En política non resulta sinxelo dar cun amigo, pero Julio érao"
Non creo ter coñecido persoa máis leal que Julio Sacristán. Desde o principio, atopei nel o compañeiro ideal para camiñar nun mundo complexo como o da política municipal.

Sacristán e Santiso, nun debate en LA OPINIÓN, en 2010. / EDUARDO VICENTE
José Antonio Santiso Miramontes, alcalde de Abegondo e presidente do Consorcio
Non creo ter coñecido persoa máis leal que Julio Sacristán. Desde o principio, atopei nel o compañeiro ideal para camiñar nun mundo complexo como o da política municipal, no que resulta crucial ter o talante para dialogar e buscar puntos de acordo que beneficien ao interese xeral.
Julio atesouraba todas estas características. Compartín con el o nacemento do Consorcio As Mariñas e do Grupo de Desenvolvemento Rural alá por finais dos 90, vivindo experiencias tan inesquecibles como importantes para unha comarca que precisaba da suma de esforzos por unha visión de futuro mellor.
A cor política non foi ningún obstáculo porque o ben común era indiscutible. Lembro ben como foi elixido por unanimidade na creación do Consorcio para que exercese de presidente, como figura clave desa unión. Representantes públicos de todos os partidos recoñecen o seu labor e iso xa di moito da excelencia de Julio.
Como alcalde sobresaíu tamén por estes valores. Culleredo non tería sido o mesmo sen o traballo incansable de Julio Sacristán. Foi o impulsor dun crecemento e dunha modernización sen igual para o municipio, pero sempre desvivíndose polo benestar dos seus veciños e veciñas, que sen dúbida era a súa gran preocupación.
A pesar de deixar a Alcaldía hai xa oito anos, Julio non deixou de axudar porque a súa vocación non ía ligada a un cargo en concreto. Mesmo a través de grupos de WhatsApp con outros alcaldes foi quen de seguir achegando ideas e o seu enfoque único do municipalismo.
En política non resulta sinxelo dar con un amigo, pero Julio érao, era unha persoa na que se pode confiar, que xamais me defraudou. Síntoo como alguén moi próximo, da miña familia.
Agora xa non poderemos volver xogar ao tute ou compartir mesa e mantel, pero a miña lembranza seguirá máis viva que nunca. Porque serás recordado sempre fundamentalmente por ser unha boa persoa.
Botareite moito de menos, amigo.
- La Xunta pagará 139.000 euros a un alumno de Oleiros que perdió un ojo
- Arteixo impone una multa de 2.250 euros a un particular por talar eucaliptos sin autorización
- El Asteria de Caión renace: nueva carta y el alma de un clásico en un antiguo marisquero
- Anjoca construirá 40 viviendas en Sada sobre las antiguas cocheras de Eliseo Pita
- Enrique Saavedra, autor del 'mirón' gigante que divisa el Atlántico desde Arteixo: 'Lleva tres años sin acondicionamiento
- El Superior absuelve al alcalde de Oleiros por la demolición de Casa Carnicero
- Así quedará una de las principales calles de O Burgo, en Culleredo
- Golpe a una red de venta de droga con 5 detenidos en Oza-Cesuras, Narón y A Coruña