O Grupo Naturalista Hábitat opina
Sobre o encoro de Abegondo-Cecebre

Encoro de Cecebre. / Iago López
Andrés Pereira Rodríguez | Biólogo en nome do G. N. Hábitat
Acontece a miúdo que as situacións máis cotiás non reciben a atención que merecen. Abrir a billa na casa e que saia auga para beber, lavarnos ou facer a comida. Maxia? Nin moito menos.
O crecemento da poboación ao longo dos anos e o conseguinte aumento da demanda de auga na Coruña e a súa contorna, provocaría que nas épocas de seca non fose posible garantir o subministro requirido sen regulación, facéndose necesaria a construción dunha infraestrutura específica: o encoro de Abegondo-Cecebre. A obra, iniciada en 1974 na confluencia dos ríos Mero e Barcés, levou aparellada a construción da presa de Cecebre como elemento máis salientable, asolagándose unhas 350 hectáreas dos concellos de Cambre, Abegondo e Betanzos. Nacía así a principal reserva de auga da área metropolitana. Unha auga que é fonte de vida, mais tamén un recurso indispensable (e limitado) para o noso día a día.
Tanto o proxecto construtivo como as posteriores flutuacións de subida e baixada dos niveis do encoro tiveron —e teñen— afección nas dinámicas naturais dos cursos fluviais e no medio circundante. Así e todo, o seu establecemento entendeuse como unha acción fundamental para unha xestión axeitada dos recursos hídricos da comarca, dos que hoxe dependen unhas 400.000 persoas e numerosas industrias.
Pero máis aló do proxecto, a herdanza dos bosques aluviais e pradeiras asolagables preexistentes onde se asenta o encoro, coa axuda inestimable do paso do tempo, fixeron desta contorna un espazo cunha notoria beleza paisaxística onde se acubilla unha gran variedade de hábitats, así como de especies de flora e fauna silvestre, o fixo necesaria a súa blindaxe baixo diversas figuras de protección. Unha andaina que comezaría nos 90 coa declaración como Refuxio de Caza, pasando pola súa inclusión na Rede Natura 2000 no ano 2004.
Hoxe en día, ademais de cumprir a súa función de abastecemento, o encoro de Abegondo-Cecebre acolle diversas accións de divulgación e conservación do patrimonio natural, dun xeito respectuoso cos valores que pretende conservar. Exemplo disto son as iniciativas levadas a cabo no marco do programa Coawa (iniciativa impulsada pola Cátedra Emalcsa-UDC: www.somoscoawa.com), os proxectos Life Aqua Plan e Life Fluvial, e a instalación dun paso de fauna no corpo de presa para minimizar o impacto da rede viaria sobre os animais silvestres, cun beneficio sobre as poboacións locais de lontra (Lutra lutra) constatado polo propio Grupo Naturalista Hábitat.
Conclusión: O encoro de Cecebre é un exemplo de como unha infraestrutura deseñada para o servizo á cidadanía, pode e debe coexistir coa conservación da biodiversidade. Unha tarefa na que haberá que estar sempre vixiantes.
- Tres amigas de Arteixo marcan la pisada del futuro con su zapatería barefoot: 'Fuimos las primeras en la comarca
- Mirtha Aranda, repostera de Arteixo: «Me despedí de mi país haciendo 2.000 panetones para mis vecinos»
- Una empresa exige 9 millones a Arteixo por el vertedero ilegal de Monticaño
- Un vídeo sobre Oleiros en Youtube acumula más de 30.000 visitas en 24 horas
- A subasta por 4 millones uno de los mayores paquetes de suelo industrial del área de A Coruña
- Heridos un hombre de 70 y una mujer de 45 al ser atropellados mientras auxiliaban a un conductor en A Laracha
- La Xunta pondrá a la venta y alquiler las 17 viviendas públicas que construirá en Vilaboa
- Oleiros se suma a la tendencia de convertir bajos en viviendas