As ‘cousas’ de Castelao en Arteixo
Unha caricatura de Picadillo no pazo de Anzobre ou a súa amizade co crego Antonio Rey Soto, un habitual do Balneario, son algunhas das pegadas de Castelao en Arteixo. Co motivo dos 75 anos do seu pasamento, o Concello adica ao autor de ‘Cousas’ a Feira Histórica, que estrea olimpíadas aldeás

Caricatura de Picadillo no Pazo de Anzobre feita por Castelao.
Arteixo quenta motores para a súa tradicional viaxe ao pasado. O Concello ultima os preparativos para a Feira Histórica, que se celebrará a fin de semana do 17 de outubro e que estará dedicada a Castelao coincidindo co 75 aniversario do seu pasamento. O homenaxeado deixou a súa pequena pegada no pobo, unha pisada que Arteixo reivindica agora con motivo da efeméride.
Entre as curiosidades que depara esta feira adicada ao autor de Cousas, destaca unha caricatura que realizou do exalcalde Manuel María Puga e Parga, máis coñecido como Picadillo,co pazo de Anzobre de fondo. E que o escritor, gastrónomo e político coñeceu a Castelao a través dun amigo común, Antonio Rey Soto, o crego que casou a Castelao con Virxinia Pereira en 1912 e que era un habitual do Balneario de Arteixo.
Un cadro de Castelao chegou ademais ata Caión, onde o fillo do seu amigo Ángel Varela Santos exerceu como médico na posguerra, como destaca o Concello de Arteixo no tríptico desta edición da feira.O Concello tira agora de este fío para propor unha viaxe a o Arteixo de 1900 a través da ollada de Castelao. «Queremos que quen nos visite sinta como era camiñar por un mercado de antano, de tabernas improvisadas, de ultramarinos con produtos da terra e artesáns traballando en vivo», apunta uns dos organizadores, que aspira a que a feira permita descubrir como «aquelas pequenas cousas da aldea seguen a ser as raíces que nos definen como pobo».
Esta edición da feira inclúe novidades, como as Aldeadas, unhas olimpíadas aldeás que someterán aos participantes por equipos a diferentes probas de forza ehabilidade como o lanzamento de marco, tiro da corda ou espeta a estaca: «Será unha ocasión perfecta para reivindicar o espírito comunitario, a diversión en equipo e identidade rural», festexa o Concello.
Como homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, esta edición da feira incluirá actividades temáticas específicas, como un obradoiro infantil de estampas o sábado e o domingo onde cada participante levará de agasallo unha bolsa cunha das caricaturas do artista.
- Abre sus puertas por primera vez el pazo de Illobre, en Betanzos: 'De niña no podía entrar por la puerta principal, tenía que ir por la de la cocina
- Una pareja lleva el sabor de Venezuela a Arteixo: 'Aquí hay mucha gente joven dispuesta a probar cosas nuevas
- Una chaqueta gallega salva vidas frente a la velutina: "Está pensada para los trabajos de desbroce"
- Fallece el miembro de Protección Civil de Abegondo Javier Montero
- La demolición del edificio que 'tapa' Mera, más cerca
- Anulada una oposición municipal por puntuar más la experiencia en Oleiros
- Betanzos abre expediente a otro local de la zona de marcha y tramita multas a otros dos
- Burger Manía llega a Arteixo: cuatro días de hamburguesas gourmet