As mulleres das Encrobas que fixeron da pandeireta un camiño de volta á parroquia que a mina quixo borrar
A asociación de Mulleres Rurais A Xungueira das Encrobas, que leva en activo 20 anos e conta hoxe con 90 socias, xurdiu da man dun grupo de veciñas que buscaba manter viva a localidade a través da música e ao mesmo tempo facer retornar a moitas que tiveran que deixar atrás as súas casas por mor das expropiacións forzosas dos anos 70

Unha das actuacións das mulleres da asociación este ano. | LOC
Trinta anos despois de que As Encrobas vivise un dos maiores conflitos sociais de toda provincia cando a parroquia foi estragada por unha mina a ceo aberto na década dos 70, as mulleres que quedaron na parroquia decidiron «traer de volta» ás veciñas que tiveran que abandonar os seus fogares por mor das expropiacións forzosas que botaron fóra a preto de 400 persoas.
«Moitas das nosas veciñas e amigas precisaban un motivo para voltar á súa terra, e nós queriamos que o fixesen con gusto», asegura a presidenta da asociación Mulleres Rurais A Xungueira das Encrobas, Maruja Pardo, que aínda recorda os primeiros pasos da agrupación na vella escola da parroquia, onde as veciñas comenzaron a centrar a súa actividade en manter viva a música tradicional, ademais de planear diversas excursións e reunións na localidade.
Sés: a primeira profesora de música
Hoxe son 90. «Case máis que na propia parroquia», di Pardo con orgullo. Con Sés como mentora, as mulleres da Xungueira das Encrobas enseguida comenzaron a tomar clases de pandeireta, de baile rexional e canto da man da cantautora bergantiñá.
«Foron uns inicios moi bonitos, pero non paramos dende aquela», sinala a presidenta da asociación, que di que a seguinte en dar as clases foi a súa nai, Rosa Barbeito, que todavía continúa «ao pé do canón» con 92 anos. «Xa non é profesora, pero vén con nós sempre», asegura Pardo.
Hoxe son coñecidas xa como «As Pandeireteiras das Encrobas», e levan a súa música por toda Galicia. Dende as foliadas máis locais ata teatros e mesmo distintos programas de televisión. Nos ensaios dos martes aproveitan ademais para poñerse ao día e recordar vellos tempos. «Pasámolo moi ben e aprendemos o que podemos», indica a presidenta da agrupación.
Cantareiras dende o berce
Elas aprenderon das súas nais e avoas, e hoxe buscan continuar co legado das súas antepasadas para que «as nosas letras e ritmos non desaparezan, á vez que aprendemos cousas novas», sostén.
Formaron un «pequeno recuncho» que se foi afianzando co paso dos anos, e que se converteu para moitas nun punto de retorno ás súas raíces. «Moitas veñen de Carral, da Laracha, de Cambre e demais concellos da comarca», di Maruja Pardo, que asegura que tamén hai «moitas amigas de amigas» que se foron adherindo a elas nos últimos anos.
«Correuse a voz, e nós encantadas de que cada vez sexamos máis», sinala Pardo, que espera que as seguintes xeracións continúen «dándolle á pandeireta» tanto coma elas, polo menos, outros 20 anos máis.
- Una pareja lleva el sabor de Venezuela a Arteixo: 'Aquí hay mucha gente joven dispuesta a probar cosas nuevas
- Una chaqueta gallega salva vidas frente a la velutina: "Está pensada para los trabajos de desbroce"
- Fallece el miembro de Protección Civil de Abegondo Javier Montero
- Burger Manía llega a Arteixo: cuatro días de hamburguesas gourmet
- La demolición del edificio que 'tapa' Mera, más cerca
- Arteixo oferta 36 viviendas de obra nueva en la renovada Travesía de Pastoriza
- Hartazgo y resignación en el puerto de Betanzos por las inundaciones: «Esto no va a dejar de pasar»
- Vecinos exigen podar los árboles de O Burgo y el Concello prevé reforestar