Mulleres rurais en Celas: «Sempre compartes cousiñas, aprendes e levas algo novo para a casa»
«Non teño tenda 'online' porque quero vender o que podo facer. Un anel lévame máis dunha hora. Emprego flores que atopo segundo a época do ano», explica Ana Ferreiro sobre os seus adornos no mercado artesán da festa polo Día da Muller Rural en Celas. Como se en cada un encapsulara a esencia da vida conectada co rural. Máis lento, máis cíclico, máis natural, máis coas mans

Día da Muller Rural no Parque da Torre de Celas, en Culleredo / Carlos Pardellas
«Sempre compartes cousiñas, aprendes e levas algo novo para a casa nestas xuntanzas», comentaba Ana Ferreiro, de ArtesAna, desde o seu expositor na feira de artesanía e produto ecolóxico que formou parte da celebración do Día da Muller Rural no Parque da Torre de Celas. Xunto co mercado, houbo música todo o día e un xantar organizado por la Asociación de Mulleres no Rural As Berenguelas, que contou con colaboración do Concello de Culleredo, no que reuniron arredor das mesas uns 250 comensais, segundo cifras que manexaban ao lado do lume algúns responsables da elaboración da paella, prato principal dun menú que completaron empanadilla de atún e torta de Santiago, regados con viño e auga.

Ana Ferreiro, cos seus adornos de flores e resina, en Celas. / CARLOS PARDELLAS
Os adornos feitos con flores e resina ocupan a fronte do expositor de Ana Ferreiro, chegada desde Santa Comba, que recolle moitas das flores e follas ela mesma e que elabora con delicadeza e un nivel de precisión que require ata pinzas de depilar as pezas que crea desde hai cinco anos, cando un cancro a obrigou a deixar a que viña sendo a súa profesión e descubriu nesta mistura de natureza, creatividade e traballo manual un xeito de «ocupar a mente en cousas positivas». Paniculata, flor de toxo, margaridas, anaquiños de fieito e de follas e ata rosas en miniatura poden atoparse inmortalizadas nos pezas de Ferreiro, que só vende en feiras de artesanía ou en mercados medievais.

Marisol Martínez, de Artesanía en Muñecas Marisol, no seu expositor en Celas. / CARLOS PARDELLAS
Coincide Marisol Martínez en que o traballo creativo e manual «é un relax para a cabeza», e, aínda que outro emprego a levou a parar hai dous anos esta actividade que emprendeu en 2013, este ano pensa volver ás súas creacións en Artesanía en Muñecas Marisol: traballos en ganchillo como abrigos para bebés, pezas de goma eva como lapiceiros ou beléns e poboados navideños. «Este ano xa ceso e me dedico a isto, que é o que me gusta», asegura. «Este ano xa non ía vir, pero miña filla, que está na comisión de festas, díxome: ‘Es de aquí e non vas vir?’ E apuntoume», conta Martínez, que é de Celas.

Ángela Fernández, co seu expositor de Rulas do Piñeiro, en Celas. / CARLOS PARDELLAS
Tamén desde preto, do Burgo, se achegou Ángela Fernández, de Rulsa do Piñeiro, que vende neceseres e fundas para libros, libretas ou tablets. Enxeñeira agrónoma de formación, deixou o traballo para coller a agulla. «Non era o meu traballo soñado», explica e afirma que xa se atopa en camiño. «Quería empezar a facer algo de coser. Quería facer roupa dando unha nova vida a telas, o que chaman upcicling. Teño gardadas unhas cortinas dunha habitación da miña avoa e espero facer algo con elas algún día», conta. Mentres non resulte posible dar o salto á confección de prendas de vestir, xa aplica a súa idea aos traballos que fai: nalgunhas fundas de libros poden a toparse botóns que no seu día pecharon batas de casa e pixamas. E a camisa que ela mesma vestía para acudir á feira saíra das súas propias mans.
A xuntanza serviu para presentar á nova directiva da asociación As Berenguelas, que preside Mari Carmen Regueira, quen desde o escenario agradeceu a asistencia. Inaugurou o acto por parte do Concello a concelleira de Cohesión Social, Marta Figueroa, que defendeu a iniciativa como «moi necesaria» ante a «dobre discriminación que padece a muller rural».

Asistentes á comida polo Día da Muller Rural, este sábado, en Celas. / LOC
Tras o pistoletazo de saída, ofreceu un concerto e unha tertulia Sheila Patricia. Despois da comida, houbo cantos populares co coro do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo. Pola tarde actuou o grupo de pandeireteiras de Xacarandaina e houbo foliada cos grupos locais Ancoradoira, Silvatuxeiras, Xilbardas, Larpeiros de Altamira e Son da Terriña.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una pareja lleva el sabor de Venezuela a Arteixo: 'Aquí hay mucha gente joven dispuesta a probar cosas nuevas
- Una chaqueta gallega salva vidas frente a la velutina: "Está pensada para los trabajos de desbroce"
- Fallece el miembro de Protección Civil de Abegondo Javier Montero
- Burger Manía llega a Arteixo: cuatro días de hamburguesas gourmet
- La demolición del edificio que 'tapa' Mera, más cerca
- Arteixo oferta 36 viviendas de obra nueva en la renovada Travesía de Pastoriza
- Hartazgo y resignación en el puerto de Betanzos por las inundaciones: «Esto no va a dejar de pasar»
- Vecinos exigen podar los árboles de O Burgo y el Concello prevé reforestar