Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Arteixo volta a 1900 da man de Castelao: "É a mellor festa do ano"

A Feira Histórica inaugurou este sábado as Aldeadas, unhas olimpiadas rurais que contaron con gran éxito de participación entre os veciños e visitantes, que pasaron unha xornada cargada de tradición co mercado histórico, que contou con decenas de postos de artesanía, gastronomía e talleres

Arteixo

O Paseo Fluvial de Arteixo tinguiuse de branco e negro este sábado para revivir o día a día dos seus ancestros a través da mirada de Castelao, que foi a figura central desta vixésimo cuarta Feira Histórica. É unha das citas máis esperadas para moitos veciños da localidade, como é o caso de Eva Mosteiro, que asegura que para ela esta é «a mellor festa do ano en Arteixo», e por iso non falta a ningunha edición.

Nesta ocasión participaron preto dun centenar de postos de artesanía, gastronomía e mostras en vivo de oficios tradicionais. «A min faláronme ben dela, así que animeime a vir por primeira vez», sostén Suso o Cesteiro, natural de Tui, que di que o tempo «acompaña e a xente véselle animada», así que espera voltar o próximo ano.

Palilleiras de Pastoriza, participantes nas olimpiadas rurais e veciños na taberna creada polas asociacións locais. |  Iago López

Palilleiras de Pastoriza, participantes nas olimpiadas rurais e veciños na taberna creada polas asociacións locais. | Iago López

Coinciden con el Marcos e Sandra, dous apicultores do municipio do Rosal, en Pontevedra, que se estrearon este ano en Arteixo. «A organización é moi boa e respírase un ambiente diferente ao doutras feiras históricas», din.

Esta edición contou ademais con importantes novidades, como as Aldeadas, unhas olimpiadas rurais que someteron aos participantes, por equipos, a diferentes probas de forza e habilidade, como o lanzamento de marco, o tiro da corda ou o xogo de «espeta a estaca». Foi unha ocasión perfecta para reivindicar o espírito comunitario, a diversión en equipo e a identidade rural, que gozaron de gran éxito entre os veciños.

Volta a 1900 da man de Castelao

Volta a 1900 da man de Castelao

«A esencia desta feira é o asociacionismo e a colaboración de todos os veciños», afirman Charo Fernández e Natalia Pereiro, que non dubidaron en ir caracterizadas para a ocasión cun traxe de alugueiro do Concello. «Cada ano somos máis os que nos metemos no papel, e dá gusto ver á xente involucrada», din.

Os que tamén se meteron de cheo no papel foron os membros das asociacións veciñais de Monteagudo, O Rañal, Rañobre, Larín e Barrañán, que montaron a súa propia taberna de época con utensilios «da casa» para pasar as tres xornadas da feira vivindo como nunha auténtica taberna rural de antano. Así o explica Mari Carmen Barbeito, da asociación veciñal de Monteagudo, que di que están encantados de contar co seu propio espazo na feira.

Volta a 1900 da man de Castelao

Volta a 1900 da man de Castelao

Unhas das máis veteranas na cita son as mulleres —e o único home— que conforman a asociación de Palilleiras e Punto de Pastoriza. «Levamos aquí máis de quince anos vindo, e estamos encantadas, porque isto é o noso», asegura Ana Carril, que di que acoden cada ano «encantadas da vida». A súa compañeira Obdulia López lembra que a Feira Histórica comezou sendo «unha cita pequeniña para os veciños» e di que agora é «un evento que reúne a moita xente que cada vez colabora máis».

Talleres en homenaxe en Castelao

Como homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, esta edición da feira incluíu tamén actividades temáticas específicas, como un obradoiro infantil de estampas o sábado e o domingo, onde cada participante levou de agasallo unha bolsa con caricaturas do artista.

Trátase dunha cita pensada para mergullarse no século pasado a través dun auténtico mercado de antano, con tabernas improvisadas, ultramarinos con produtos da terra e artesáns traballando en vivo, que fan desta «unha feira única».

Tracking Pixel Contents