María Ángeles Iglesias: «Era unha cousa importante mostrar outros xeitos de relacionarmos»
O amor e no que se transforma tras unha separación é o foco central da obra As formas do amor, que este sábado acolle o auditorio Gabriel García Márquez en Mera. A súa creadora e actriz protagonista María Ángeles Iglesias explica a importancia de visibilizar este tipo de relatos

María Ángeles Iglesia e Sergio Zarraeta na obra. | Verdeveras
O auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle este sábado ás 20.30 horas As formas do amor, unha coprodución da compañía Verdeveras xunto co Centro Dramático Galego, dirixido por Gema Baamonde. A dramaturga e actriz María Ángeles Iglesias fala da importancia de crear outros relatos de amor e da separación.
De onde xurdiu a idea para As Formas do amor?
Eu son a escritora do texto e sobre todo son a actriz. Eu tiña a idea de revisar o relato da separación, como adoita aparecer nas películas e nas series. Logo na historia van aparecendo outros temas. Esta é unha parella que se ama, e aínda así por algo que sucede no transcurso da peza, deciden separarse. Normalmente cando vemos unha separación adoita haber moitísima violencia. Hai outras formas de relacionarnos á hora de separarnos. Isto vémolo no noso arredor pero non tanto no teatro ou no audiovisual. Era unha cousa importante mostrar outros xeitos de relacionarmos. Existen outros amores e necesitamos outras historia porque o teatro constrúe tamén as alternativas.
Como recibe a audiencia esta historia?
O que está a pasar cando rematamos a obra é que a xente nos di que non pensara as cousas así, que estamos ofrecéndolle outra mirada e moita xente tamén achégase para dicirnos que tiveron o mesmo caso. Pero ademais pasan por momentos de moita risa e temos momentos moi entrañable e incluso críticos sobre como nos ensinan a amar.
Conecta máis a obra por ser sobre un vínculo romántico?
Con esta peza temos moita sorte. Non ten moito artiluxio, o importante aquí son o actor e actriz. E ademais a historia é unha que moitos de nós, pasados o vinte, temos. Entón temos moita xente a comentarnos. E algo importante que nós tamén vemos e que hai unha situación límite dentro da parella que fai que, aínda queréndose moito deciden que teñen que tomar outro camiño. Isto non é nada tráxico, si que é doloroso e atrevesamos esa dor, pero non ten por que ser violento, incluso podemos gañar un amigo ou amiga. O amor se realmente é bo, cambia pero non desaparece nin morre.
Sodes tan só unha actriz e un actor sobre o escenario. Como é ese o proceso de traballo?
Eu teño moita sorte. Temos un equipo conformado tamén por Gemma Baamonde, unha directora fantástica e moi empapada en temas de feminismo, ten unha mirada moi crítica, pero tamén moi amorosa. Con Sergio [Zarraeta] é a primeira vez que traballo. No proceso de ensaios traballamos moito dende o xogo, bailamos, cantamos moito. Foi como construír recordos que sirvan para ser recordos de parella. Foi un xeito de traballar moi horizontal, de escoita. O texto foi un punto de partida, pero aínda que se manteña tal cal, o máis importante pasa polo corpo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Fallece un larachés de 36 años en un accidente cerca de Ledoño
- El juzgado ordena al Concello de Sada depositar 4,6 millones para el derribo de dos edificios
- Arteixo oferta 36 viviendas de obra nueva en la renovada Travesía de Pastoriza
- Clara González, adiestradora de Arteixo: «En la adolescencia, los perros sienten tanto que a veces olvidan lo aprendido»
- Fallece un larachés de 36 años en una colisión múltiple cerca de Ledoño
- La Fiscalía recurre la sentencia por la demolición de Casa Carnicero, en Oleiros
- Hartazgo y resignación en el puerto de Betanzos por las inundaciones: «Esto no va a dejar de pasar»
- Vecinos exigen podar los árboles de O Burgo y el Concello prevé reforestar